Usuarios de ADACECO participan nun estudo sobre a terapia con animais

Adrián Paredes, Adriana Ávila, Tito Villazala, Felipa Jove, Juan Carlos Bugallo e Laura Terrón, con Venus, Fusco e Lala, na sede da Fundación María José Jove, na Coruña.

Adrián Paredes, Adriana Ávila, Tito Villazala, Felipa Jove, Juan Carlos Bugallo e Laura Terrón, con Venus, Fusco e Lala, na sede da Fundación María José Jove, na Coruña.

A Fundación María José Jove e a Universidade da Coruña inician un estudo sobre os beneficios da terapia con animais en pacientes con discapacidade e nenos vítimas de violencia de xénero.

Información extraída de La Opinión de A Coruña.

O mellor amigo do home pode tamén converterse nun gran aliado dos pacientes con dano cerebral ou discapacidade intelectual e dos nenos que foron vítimas de violencia de xénero. Desta base parte un estudo que acaban de poñer en marcha a Fundación María José Jove e a Universidade da Coruña -coa colaboración do Centro Canino DeMontegatto-, que pretende demostrar que a terapia con cans “axuda a mellorar as capacidades cognitivas e as habilidades psicosociais” destes colectivos.

Demostrar que a terapia asistida con animais (TAA), e en particular con cans, axuda a mellorar as capacidades cognitivas e as habilidades psicosociais de pacientes con dano cerebral e discapacidade intelectual e de nenos que foron vítimas de violencia de xénero. Este é o obxectivo principal dun proxecto de investigación que acaban de poñer en marcha a Fundación María José Jove e a Universidade da Coruña (UDC), e que onte foi presentado nun acto que contou coa participación a presidenta da Fundación María José Jove, Felipa Jove; o director-xerente da Fundación Universidade da Coruña, Juan Carlos Bugallo; a profesora de Terapia Ocupacional da institución académica coruñesa Adriana Ávila; e o director do Centro Canino DeMontegatto, Perico Villazala, que colabora no proxecto.

“A TAA é un terapia de apoio, que non substitúe ás sesións con psicólogos, fisioterapeutas ou terapeutas ocupacionais, pero que complementa a parte emocional”, aclarou Adriana Ávila, quen subliñou que ese tipo de terapia “axuda, en especial, a nivel afectivo, emocional e cognitivo”.

Os grupos de persoas que serán obxecto de estudo por parte da Fundación María José Jove e da Universidade da Coruña son usuarios da Asociación Coruñesa de Dano Cerebral (ADACECO) e do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD). Ademais, no Centro Canino DeMontegatto, en Oza dos Ríos, atenderase a nenos que foron vítimas de violencia de xénero. “No caso concreto destes pequenos, a terapia con animais, e en especial con cans, contribúe a aumentar a súa autoestima”, remarcou a profesora de Terapia Ocupacional da UDC, e engadiu: “Os cans danlles seguridade para poder desprazarse polo espazo, e tamén para xogar. Actúan como mediadores a nivel emocional” engadiu Adriana Ávila.

Durante a presentación do estudo -que estivo precedida pola firma dun convenio de colaboración entre ambas entidades-, realizouse unha demostración práctica con tres dos cans participantes nas terapias: Fusco, un can de palleiro; Venus, unha cadela de augas, e Lala, unha mestiza.

A presidenta da Fundación María José Jove, Felipa Jove, especificou que o tempo de traballo con cada un dos tres grupos de estudo “será duns tres meses”, e avanzou que os primeiros resultados daranse a coñecer “en outubro”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s