Concurso de debuxo para o Día do Dano Cerebral

Deseño do cartel do Día do Dano Cerebral de 2012.

Deseño do cartel do Día do Dano Cerebral de 2012.

A Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE) xa comezou a traballar para o próximo Día do Dano Cerebral, que se conmemora o 26 de outubro. Así, FEDACE vén de convocar o Concurso de Carteis do que sairá a imaxe gráfica da campaña do Día do Dano Cerebral Adquirido de 2013.

Pode participar no concurso calquera persoa con dano cerebral usuaria das asociacións federadas en FEDACE; poden presentarse membros de calquera das asociacións galegas de DCA. A data límite de envío de obras é o 12 de xuño e o premio será un lote de material de debuxo, deseño e fotografía valorado en 300 €.

A continuación reprodúcense as bases do concurso:

  • PARTICIPANTES: Persoas con DCA que pertenzan a asociacións integradas en FEDACE.
  • TEMA: O cartel debe conmemorar a celebración do Día do Dano Cerebral Adquirido (26 de outubro de 2013).
  • AUTORÍA: Todos os traballos deberán ser realizados integramente polo/a autor/a, sen incorporar elementos alleos. Cada autor/a poderá presentar un máximo de 3 obras.
  • PRESENTACIÓN: Debuxo sobre papel monocromo ou cor e en formato A4.
  • MATERIAL: Admítese calquera tipo de material ou técnica (acuarela, collage, carboncillo, etc.), exceptuando materiais de fácil desprendemento (por exemplo, purpurina), ou que non poidan ser trasladados a un formato dixital para a súa reprodución sinxela e fiel (por exemplo, algodón para dar sensación de relevo ou similares).
  • IDENTIFICACIÓN: Os debuxos serán enviados desde a asociación á que pertenza o/a autor/a. Na parte de atrás de cada debuxo figurará o nome da asociación e un número identificativo da obra. Ademais, cada asociación comunicará a FEDACE, mediante correo electrónico (comunicacion@fedace.org), a relación de debuxos presentados identificándo os números de debuxo cos nomes e apelidos dos/as seus/súas autores/as correspondentes.
  • PRAZOS: As obras deberanse de enviar por correo ordinario. A relación de debuxos e autores/as por correo electrónico. En ambos casos, a data límite de presentación é o 12 de xuño (data de envío para o correo ordinario).
  • PREMIOS: Concederase un premio consistente en material de debuxo, deseño, fotografía… por un valor de referencia de 300 euros.
  • XURADO: Estará formado por persoal de FEDACE, membros da Xunta e profesionais do deseño gráfico que realizan traballos para a Federación.
  • A OBRA PREMIADA será editada e utilizada por FEDACE como motivo do cartel conmemorativo do Día do Dano Cerebral 2013, polo que a participación no concurso supón a autorización expresa dos/as concursantes para a reprodución das súas obras sen abono de dereito algún.
  • DEVOLUCIÓN DE OBRAS NON PREMIADAS: Calquera asociación que desexe recuperar as obras non premiadas enviadas deberá solicitar a súa devolución a través de comunicacion@fedace.org antes de 15 días tralo anuncio do fallo do xurado.

A participación neste concurso supón a aceptación das presentes bases, calquera obra que non as cumpra será excluída do proceso de selección.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s