Benestar e as entidades do CERMI asinaron o convenio de colaboración

A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, cos representantes das entidades agrupadas no CERMI-Galicia.

A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, cos representantes das entidades agrupadas no CERMI-Galicia.

Benestar destina ao redor de 3 millóns de euros para o mantemento das entidades de discapacidade adscritas a CERMI-Galicia.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinou onte os convenios de colaboración para axudar ao financiamento dos programas que prestan estas asociacións.

Os entes adscritos a CERMI-Galicia son Autismo Galicia, Cogami, Down Galicia, FAXPG, Feafes-Galicia, Fegadace, e Fademga-Feaps.

Con este investimento cúmprese o compromiso adquirido o pasado ano de blindar o orzamento destinado a este fin.

Tamén se empeza a dar cumprimento ao novo marco de reparto pactado con CERMI, que contempla unha redistribución das axudas en función da representatividade real de cada asociación.

Información extraída da páxina web da Xunta de Galicia.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinou onte sete convenios de colaboración coas entidades de discapacidade adscritas a CERMI-Galicia para o financiamento dos seus programas. O departamento autonómico destinará para elo ao redor de 3 millóns de euros, que beneficiarán a estas entidades que atenden a máis de 90.000 persoas.

En concreto, as entidades que conforman CERMI-Galicia son Autismo Galicia, Cogami, Down Galicia, FAXPG, Feafes-Galicia, Fegadace e Fademga-Feaps.

O apoio ás asociacións é un aspecto fundamental de cara a atención das persoas con discapacidade, especialmente tendo en conta que cada unha delas chega a uns beneficiarios específicos e con programas adaptados ás súas necesidades.

Cada entidade ten distintas actividades segundo o colectivo ao que se dirixa, pero en xeral encárganse de representar, defender e dar visibilidade aos seus asociados; promover a integración social, laboral e a normalización das persoas con discapacidade; favorecer o desenvolvemento e a autonomía deste colectivo, e mellorar a súa calidade de vida; orientar e apoiar aos seus beneficiarios e tamén aos coidadores; promover a formación e a investigación; e desenvolver actividades físicas, de recuperación, rehabilitación, así como de ocio e tempo libre.

En Galicia hai actualmente máis de 212.000 persoas con algún tipo de discapacidade, o que representa en torno ao 12 por cento da poboación.

Orzamento “blindado”
Cabe salientar, ademais, que esta partida vén a cumprir o compromiso adquirido de blindar o financiamento destinado ao mantemento das entidades con discapacidade. É preciso lembrar que nestas contías non están incluídas nin as axudas destinadas ao emprego das persoas con discapacidade, nin o concerto de prazas.

Coa aprobación destes novos convenios, comézase tamén a executar o novo marco pactado con CERMI, que contempla unha redistribución das axudas en función da representatividade real da poboación con discapacidade. Preténdese así evitar situacións como as da discapacidade física, que representa o 56 por cento da poboación con galega con discapacidade pero recibía o 27 por cento dos fondos.

Esta redistribución farase de xeito gradual e consensuado ao longo de todo a lexislatura. Cada ano páctase o reparto do seguinte, o que dota o proceso de máis transparencia e permite ás entidades contar cunha maior estabilidade ao coñecer de antemán os fondos dos que disporán.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s