ONCE organiza unha “marea amarela” polo seu aniversario

Vendedor ONCE

A ONCE e a Fundación ONCE fan 75 e 25 anos, respectivamente, en 2013. Para celebralo preparan unha gran mobilización en Madrid o vindeiro 2 de xuño baixo o nome de “marea amarela”, na que chaman a participar a toda a súa base social, ao movemento da discapacidade, e ao terceiro sector en xeral.

A “marea amarela” vai ser unha manifestación que percorrerá as rúas de Madrid desde a praza de Cibeles ata a de Colón, onde culminará cun espectáculo no que van participar, entre outros, Malú, Bisbal e La Oreja de Van Gogh. A saída está prevista para as dez da mañá. Ademais do apartado musical, ao final da mobilización vaise presentar o primeiro monumento dedicado ao vendedor da ONCE, do escultor Santiago de Santiago.

ONCE está organizando unha viaxe para todas as persoas que se queiran sumar á súa festa. Disponibilizan autobuses gratuítos desde diferentes puntos de Galicia: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo. Quen teña interese en asistir só ten que se poñer en contacto coa ONCE ou co CERMI-Galicia (cermi.galicia@once.es), onde informarán dos horarios e puntos de recollida.

Advertisements

One response to “ONCE organiza unha “marea amarela” polo seu aniversario

  1. bno yo toi algo jodidos con ellos, tanto tanto apoyar al discapacitado y toi esperando un curro y por no dar empezado el curso para entrar en bolsa de empleo de vendedor del cupon, pos estoi pasandolo muy mal.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s