As persoas con Dano Cerebral Adquirido e o acceso ao emprego

Rocío García Calvo, psicóloga e neuropsicóloga de Sarela.

Rocío García Calvo, psicóloga e neuropsicóloga de Sarela.

Artigo publicado en cermi.es semanal por Rocío García Calvo, psicóloga-neuropsicóloga da asociación de dano cerebral Sarela (Santiago de Compostela).

Ter o primeiro emprego, volver ao que se tiña previamente a unha enfermidade ou accidente e sostelo, en calquera dos dous casos, pode resultar moi difícil, por non dicir imposible na maioría das persoas con Dano Cerebral Adquirido. Ademais, se temos en conta o factor idade veremos que persoas novas van permanecer o resto das súas vidas sen unha actividade laboral, ocasionando non só inseguridade económica senón tamén o aumento de risco de exclusión social.

É indubidable o valor, a importancia e o beneficio do emprego para a persoa, máis aínda, se cabe, no caso de persoas con discapacidade. Concretamente, nas persoas con Dano Cerebral Adquirido, a súa calidade de vida vai depender enormemente da súa situación laboral.

Se a persoa está activa laboralmente ademais de ingresos e, xa que logo, independencia económica, terá estructurado o tempo, estará implicada socialmente e relacionarase con máis xente, terá motivación de logro e sentimento de utilidade e pertenza ao grupo, así como posibilidade de elixir cara a onde orientar a súa vida.

O desemprego potenciaría unha situación xa por si soa frecuente, como é o illamento social, ademais de sentimentos de incompetencia, fracaso e frustración, apatía…, deixando á persoa como receptora pasiva de recursos e servizos.

As persoas con Dano Cerebral Adquirido van sufrir importantes secuelas físicas e sensoriais, cognitivas, emocionais e conductuais que afectarán ao seu funcionamento diario e dificultarán a súa integración socio-familiar e laboral plenas. Algunhas destas cítanse a continuación:

* Secuelas físicas e sensoriais:

  • Ortopédicas: limitación do balance articular en calquera membro.
  • Neurolóxicas: hemi, para ou tetraparesia; parálise periférica, espasticidade, síndromes cerebelosos, trastornos do equilibrio.
  • Déficit dos pares craniais: déficit de agudeza visual, déficit do campo visual, déficit óculomotores.
  • Dor crónica.

*Secuelas cognitivas:

  • Problemas de atención.
  • Redución da capacidade de aprendizaxe e memoria.
  • Alteracións da linguaxe e da comunicación.
  • Deterioro da capacidade de planificación e solución de problemas.
  • Redución da capacidade de razonamiento.
  • Falta de conciencia das limitacións.

*Secuelas emocionais e conductuais:

  • Irritabilidade e cambios bruscos de carácter.
  • Comportamento socialmente inapropiado.
  • Illamento social.
  • Cambios de afecto e estado de ánimo.
  • Apatía e falta de iniciativa.

O proceso rehabilitador debe considerar todos estes aspectos globalmente, e debe promover ademais da recuperación física e funcional, a preparación da persoa para a súa posterior reinserción social, ocupacional e/ou profesional. A complexidade e heteroxeneidade dos problemas asociados ao Dano Cerebral Adquirido e o seu tratamento limitan as posibilidades de readaptación profesional.

Téndese a considerar que estes problemas son irreversibles e que non forma parte dunha atención máis ‘clínica’ outra intervención máis directa que promova o acceso ao emprego. Segundo Groswasser (1991) o criterio máis ecolóxico do éxito da rehabilitación e da reintegración social é a situación laboral do paciente.

Os factores de pronóstico relacionados coa volta ao traballo van ser:

  • A idade da persoa.
  • O estatus laboral previo.
  • A severidade da lesión.
  • O grado de deterioro cognitivo resultante.
  • A capacidade para realizar as actividades da vida diaria.
  • A conciencia das súas limitacións.
  • A presenza doutra lesión cerebral.

Tamén inflúen outros factores positivos como o nivel de motivación e adaptabilidade da persoa, o apoio e flexibilidade da empresa, a posibilidade de adaptar o posto e o apoio de servizos de integración laboral. Como aspectos negativos habería que destacar a escasa flexibilidade da empresa, a presenza de problemas de saúde mental, o abuso de sustancias e que a persoa conte con medios de sustentamento alternativos (indemnizacións, pensións ou outros).

É importante sinalar que como todas as persoas empregadas, as persoas con discapacidade (xa que logo, tamén, as persoas con Dano Cerebral Adquirido) teñen habilidades preservadas que fan que o seu traballo poida ser rendible, sobre todo, para a sociedade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s