Convenio de colaboración entre BJ Adaptaciones – Adom e FEDACE

BJ Adaptaciones

Información extraída da páxina web de FEDACE.

A empresa BJ Adaptaciones – Adom e a Federación Española de Dano Cerebral asinaron un convenio de colaboración. BJ Adaptaciones distribúe axudas técnicas e adapta espazos para mellorar a súa accesibilidade e axudar a que as persoas con dano cerebral poidan vivir de forma máis autónoma.

A través deste convenio de colaboración, BJ Adaptaciones ofrece información e asesoramiento sobre o manexo dos seus produtos de axudas técnicas ás asociacións do movemento asociativo de dano cerebral. Para que os profesionais das entidades federadas poidan valorar cal é a mellor solución para os seus usuarios, BJ Adaptaciones tamén ofrece o préstamo gratuito dos seus produtos ás asociacións federadas. Ademais, a firma do convenio facilita o acceso dos usuarios ás axudas técnicas de BJ Adaptaciones: os socios das asociacións federadas terán un 5% de desconto nas mesmas.

O convenio tamén servirá para difundir o dano cerebral e a súa problemática, informando e sensibilizando sobre os problemas de accesibilidade aos que se enfrontan as persoas con dano cerebral. FEDACE e BJ Adaptaciones realizarán xornadas de formación e difusión sobre tecnoloxía de apoio e autonomía persoal no fogar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s