Persoas con ictus melloran tras recibir células nai

Células nai
Outro ensaio detecta máis mobilidade en ratas con lesión medular despois dun tratamento similar.

Os traballos, moi preliminares, son proba do potencial destas técnicas.

Información extraída de El País.

Dous ensaios con células nai humanas son as últimas mostras do potencial terapéutico deste material biolóxico. O primeiro, que se vai a presentar na Conferencia Europea sobre Ictus (infarto cerebral) de Londres, foi desvelado á BBC. É un traballo pequeno, en nove pacientes, pero simple: a inxección de células nai (obtidas de fetos) permitiu que en cinco casos os afectados recuperen algunhas capacidades perdidas.

O segundo é algo máis complexo: usáronse ratas con lesión medular e viuse que, inxectándolles células nai humanas (e co correspondente tratamento inmunosupresor, máis necesario aínda neste caso de trasplante entre especies), melloran síntomas como a rixidez muscular e a coordinación motora. Publícao Stem Cell Research & Therapy.

Ambos traballos son moi preliminares. Tanto, que os autores do primeiro, o realizado en humanos, nin sequera descartan que o feito de participar nun ensaio (o que supón unha atención maior cara aos voluntarios por parte dos médicos) sexa a auténtica causa da mellora, e deixan aberta a porta a que haxa un efecto placebo. Pero algúns feitos, como que se tratase de pacientes con ictus antigos (calcúlase que a partir dos seis meses a marxe de recuperación é case nula) fan que apunten que a inxección de células nai poida ser a causa. De feito, na información da BBC non se indica que o publicaron, e a cadea británica dá a información porque, á vez, facilitáronlle unha entrevista en exclusiva cun dos afectados, que narra pequenas melloras no seu equilibrio e mobilidade, e máis forza na man afectada, coa que, logo de cinco anos, conseguiu volver atar os cordóns.

No traballo con ratas non hai, loxicamente, efecto placebo posible. Pero, máis que medir melloras funcionais, o que si certificaron os autores é que as células nai implantáronse ben na médula creando conexións coas neuronas sas. Un traballo nesta dirección foi iniciado (e non acabado) no Centro de Investigación Príncipe Felipe de Valencia, pero, primeiro, os conflitos entre a investigadora, Almudena Ramón, e a dirección do centro, e, despois, os recortes, paralizárono. Naquel estudo chegouse a superar a fase de ratas e quedou sen realizar a de monos.

En ambos casos usáronse células nai fetais, que, sen ser embrionarias, teñen máis recente a capacidade de diferenciación que as adultas (por exemplo, Mitalipov tamén usou células fetais primeiro no seu recente ensaio sobre obtención de células nai clonadas, entendido como tal que tiñan o mesmo ADN que un donante). De feito, as embrionarias e as reprogramadas adultas (iPS) están moito menos investigadas, as primeiras polos reparos éticos ao seu uso, e as segundas porque son máis recentes, e todos estes traballos levan anos de desenvolvemento. Por exemplo, as células nai usadas no ensaio en humanos levaban 10 anos de desenvolvemento en cultivo desde que se obtiveron.

Loxicamente, en ambos casos os ensaios van continuar co obxectivo, a medio prazo, de refinar unha técnica que permita aplicalos a humanos.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s