Benestar presenta a estratexia para a prevención da dependencia

A secretara xeral de Política Social, Coro Piñeiro (no centro), reuniuse na Coruña con organizacións, asociacións e entidades do sector da dependencia.

A secretara xeral de Política Social, Coro Piñeiro (no centro), reuniuse na Coruña con organizacións, asociacións e entidades do sector da dependencia.

A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, e a delegada territorial, Belén do Campo, reuníronse hoxe coas organizacións, asociacións e colexios profesionais do sector para dar conta desta folla de ruta.

O seu obxectivo é prolongar a autonomía persoal dos galegos e das galegas.

Coa aprobación deste documento, Galicia converteuse en pioneira no deseño dun plan de acción nesta materia.

Estímase que, coa aplicación das orientacións desta iniciativa, máis de 4.000 persoas conseguirán ata 2020 previr a dependencia.

Información extraída da páxina web da Xunta de Galicia.

A secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, reuníronse hoxe na Coruña con organizacións, asociacións e entidades do sector da dependencia, xunto con federacións e colexios profesionais de ámbito autonómico, para presentarlles as case 400 propostas que recolle a Estratexia para a prevención e detección precoz da dependencia, horizonte 2020.

O Goberno galego deu luz verde recentemente a este documento, que está deseñado cun carácter transversal e que ten como principal obxectivo alongar a autonomía persoal dos galegas e das galegas. Coa aprobación do mesmo,Galicia converteuse en “pioneira” á hora de establecer unha guía de actuación nesta materia, segundo salientou Piñeiro. “Trátase de dar un salto cualitativo: pasar da atención asistencial e de rehabilitación, á prevención e detección”, subliñou.

Para a elaboración do plan creáronse 8 grupos de traballo formado por distintos departamentos da Xunta e por entidades representativas do sector (de maiores, de persoas con discapacidade, colexios profesionais, FEGAMP, axentes sociais, ou institutos de estudos).

A estratexia establece 6 áreas de actuación, 28 obxectivos e 392 propostas de actuación. Estímase que co aplicación das súas orientacións máis de 4.000 galegos e galegas conseguirán previr a dependencia ata 2020.

As seis áreas principais de actuación son: educación e concienciación da cidadanía; contribución ao aumento da esperanza de vida libre de dependencia; mellora do diagnóstico e da calidade de vida das persoas con dependencia moderada; apoio ás familias e estímulo da participación cidadá; investigación e innovación para ampliar a vida saudable e autónoma das persoas; e a mellora continua dos recursos dedicados á prevención.

As recomendacións céntranse en orientar a organización e funcionamento dos distintos servizos (sociais, sanitarios e educativos), co fin de mellorar as condicións da vida das persoas en materia de saúde, ao tempo que se prevén os factores de risco e se camiña cara a atención integral.

A secretaria xeral avanzou tamén que a estimación é que cada euro investido en prevención xere unha diminución do gasto destinado á súa atención de 129 euros anuais.

Como actuacións destacadas, a responsable autonómica fixo fincapé no impulso da coordinación sociosanitaria, na que xa se teñen dado pasos a través, por exemplo, do Plan marco ou da estratexia de cronicidade; nas novas tecnoloxías, para continuar avanzando en sistemas de teleasistencia avanzada como o Miavizor; ou o establecemento de programas para facilitar o intercambio e préstamo de axudas técnicas entre as persoas usuarias.

Necesidade da estratexia

Piñeiro contextualizou a necesidade desta estratexia á hora de mellorar a calidade de vida dos galegos e das galegas; e no feito de que a propia Lei de dependencia inclúe a prevención.

Fixo referencia tamén ao gradual envellecemento da poboación galega, que fai “aínda máis necesaria” esta iniciativa. Así, segundo as previsións, a poboación galega caerá no período 2010-2020 nun 1,95 por cento. Sen embargo, neste tempo o único tramo de idade que aumentará será o dos maiores de 65 anos, que medrará nun 3,35 por cento; e se se colle como referencia á poboación con dependencia, esta aumentará nun 8,14 por cento.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s