Denuncian o traslado de persoas con discapacidade a residencias para a terceira idade

Membros da directiva do CORMIN.

Membros da directiva do CORMIN.

Información extraída da páxina web do CERMI.

O Comité de Representantes de persoas con Discapacidade de Navarra (CORMIN) denunciou o “grave retroceso en materia de dereitos” que supón a decisión, avalada polo Executivo Foral, de internar en residencias privadas para a terceira idade a persoas con discapacidade atendidas ata agora en centros especializados.

A xuízo do organismo que aglutina a práctica totalidade de asociacións e entidades do sector da discapacidade en Navarra, o denominado ‘RESIDEN. Novo modelo de concerto para residencias de persoas maiores’ do Executivo foral prima o interese económico sobre a atención adecuada ás necesidades específicas dos usuarios.

Considera que é “un paso atrás, un grave retroceso nos dereitos” das persoas con discapacidade ao contemplar o ingreso destas en residencias ordinarias privadas para a terceira idade nas que non se garante a asistencia especializada que requiren.

O propio conselleiro de Políticas Sociais do Goberno de Navarra, Iñigo Alli, presentou recentemente esta iniciativa asegurando que con ela pretenden “flexibilizar e mellorar a xestión das prazas e facilitar a súa ocupación”. O plan xa se puxo en marcha; de feito esta mesma semana executouse o traslado a xeriátricos privados de dúas persoas atendidas ata agora nun centro especializado público.

Para o CORMIN, o novo modelo de concerto non ten outro obxectivo que “asegurar a viabilidade económica” das residencias privadas co ingreso de novos usuarios. “Non queda claro -incide- nin como nin en que circunstancias específicas de provisión de apoios e atención especializada se vai a atender ás persoas con discapacidade que sexan internadas en residencias de terceira idade”. Recorda que a propia Convención de Dereitos da ONU establece a necesidade de desenvolver estruturas especializadas en función das diferentes causas de discapacidade para garantir a asistencia adecuada, algo que con este plan do Executivo foral se incumpre gravemente.

O Comité mostra a súa “preocupación polo feito de que este novo modelo abra a porta a un ingreso masivo” de persoas con discapacidade en xeriátricos privados non dotados adecuadamente e nalgúns dos cales, ademais “as ratios de número de usuarios por coidador son escandalosas”.

Xa que logo, formula que as persoas con discapacidade que requiren internamento ou os servizos dun centro de día sexan sempre atendidas nun centro especializado e permanezan nel tras cumprir os 65 anos si así o desexan. Unicamente serían derivadas a residencias da terceira idade cando circunstancias obxectivas de integración familiar así o aconsellen e sempre que o xeriátrico proporcione os apoios específicos necesarios.

O CORMIN conclúe facendo un chamamento ao Departamento de Política Social para que reconsidere a súa decisión e ofrecendo a súa colaboración no deseño de “un marco adecuado para a atención das persoas con discapacidade no que se priorice a rehabilitación funcional e a promoción da autonomía persoal”.

Representatividade

O CORMIN é o axente social da discapacidade en Navarra. Actualmente está constituído por 11 asociacións e 2 federacións do sector. A base social representada na entidade está composta polas 45.000 persoas con discapacidade de Navarra e polas súas familias.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s