Bachata como terapia para rehabilitar a pacientes con dano cerebral

bachata

Información extraída de Málaga Hoy.

A rehabilitación non ten por que ser aburrida. No Hospital Rexional de Málaga puxeron en marcha unha iniciativa que pretende axudar a pacientes con dano cerebral a recuperar as súas funcións motoras a base de bachata, un baile da República Dominicana. Ademais, debido a que se trata de enfermos que -por un ictus ou politraumatismos- pasan meses hospitalizados, a idea busca integrar e implicar aos seus familiares.

Nesta novedosa terapia impulsada pola Unidade de Dano Cerebral e de Rehabilitación participaron máis de vinte enfermos, tanto ingresados como ambulatorios, coas súas parellas. Para a súa posta en marcha colaboraron médicos rehabilitadores, logopedas, terapeutas ocupacionais, fisioterapeutas, enfermeiros, celadores e auxiliares.

Unha profesora -coa axuda destes profesionais e dos familiares- traballou durante a hora que durou a rehabilitación aspectos como o equilibrio, a coordinación e o ritmo a través da música. A idea é que a clase se repita unha vez ao mes. “Co baile tamén se está realizando unha actividade social e creativa que mellora a calidade de vida dos pacientes con dano cerebral adquirido a moitos niveis, xa que ao bailar exercítase unha gran diversidade de grupos musculares de forma simultánea”, destacou o hospital. Ademais, fortalécese a autoestima e alívianse os síntomas da depresión. Xa con anterioridade, os profesionais de Rehabilitación recorreron a sesións de karaoke e bingo para tratar de forma divertida a enfermos con afasia, que consiste na dificultade para falar tras unha lesión cerebral.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s