A dependencia retrocede

dependencia

O número de beneficiarios descende polo menos en 18.800 en oito meses.
Case una de cada catro persoas con dereito a axuda aínda non a recibe.

Información extraída de El País.

O retroceso do sistema de atención á dependencia é un feito. Os últimos datos oficiais, limpos xa de erros e de duplicidades, ofrecen varias cifras que deixan pouco espazo á dúbida: o número de beneficiarios de axudas caeu nos catro primeiros meses do ano en 3.316 persoas e, se se comparan con agosto do ano pasado, baixou polo menos en 18.883. Ademais, malia que lista de espera baixou por distintas razóns, esta ascende a 218.345; é dicir, que case una de cada catro persoas con dereito a recibir prestacións ou servizos non as reciben.

Así, o que estaba destinado a ser o cuarto alicerce do Estado de benestar atende a 748.235 persoas a finais de abril (último dato oficial publicado). Xa non se pode falar de posibles inexactitudes para xustificar que a información non se corresponde á realidade. Os datos están depurados despois de que o ministerio expurgara as duplicidades e erros detectados polo Tribunal de Contas.

En agosto de 2012, xusto despois de que o Goberno aprobase o decreto de recortes en gasto de dependencia, eran 780.536, é dicir, 32.301 beneficiarios máis que agora. É certo que os datos de agosto de 2012 aínda non pasaran pola criba da regularización de expedientes. Esta actualización detectou 13.418 entradas vinculadas a persoas xa falecidas ou que estaban duplicadas. No caso de que todos eles correspondesen a beneficiarios -seguro que non é así, os erros afectan seguro a outras categorías-, unha vez purgados estes fallos, a caída do número de persoas beneficiarias sería dese mínimo de 18.883, o que segue reflectindo o imparable retroceso na aplicación da lei.

Un portavoz do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade explica que seguen entrando beneficiarios, e “se agora é a ritmo menor é debido á aplicación do baremo”, o novo procedemento para medir o grado de dependencia que entrou en vigor en febreiro de 2012, “que axustou o sistema ás previsións da lei”. Este mesmo argumento, o feito de que o baremo sexa máis rigoroso e que haxa máis persoas que non superan os requisitos para acceder ás axudas, compárteno responsables autonómicos que xestionan a dependencia consultados por este diario. Pero sen deixar de recoñecer que os recortes están asfixiando a capacidade das comunidades de seguir prestando a atención que ofrecían antes dos axustes aplicados polo Goberno.

A caída de beneficiarios non afecta a todas as comunidades por igual. Asturias, Cantabria, Castela e León logran repoñer ás persoas que falecen, e ata a incrementar lixeiramente as súas taxas de cobertura. Outras autonomías teñen bastantes máis dificultades, como é o caso da Comunidade Valenciana, que é incapaz de alcanzar a taxa de reposición. Unha portavoz da Consellería de Saúde e Benestar Social de Andalucía admite os problemas que afrontan: “Ao mes falecen uns 2.000 beneficiarios e temos dificultades para repoñer esta cifra con novos usuarios”. E apunta directamente á caída de ingresos por parte de fondos estatais. “Só en Andalucía, este ano contamos con 214 millóns de euros menos debido aos recortes estatais, é que estamos realizando un esforzo ímprobo para manter o sistema”, apuntan as mesmas fontes.

Os datos do Goberno tamén apuntan a un retroceso no número de persoas a quen se lles recoñeceu o dereito a percibir as axudas. Esta categoría inclúe a dous grupos de persoas. Por unha banda, os beneficiarios; por outro, aquelas a as que a Administración recoñeceu a súa condición de dependentes pero aínda non teñen a residencia, centro de día ou prestación económica de axuda familiar que lles corresponda polo seu grado de discapacidade. Esta bolsa de xente pendente de recibir prestación, aqueles que se atopan na lista de espera da dependencia, alcanza a cifra de 218.345 persoas.

O ministerio presume de que está reducindo este atasco, xa que é inferior ás 238.526 persoas que había á espera en xaneiro deste ano ou os 305.941 de xaneiro de 2012. Pero para a Asociación Estatal de Directoras e Xerentes en Servizos Sociais, non hai razóns para alegrarse. Se hai menos xente esperando a recibir axudas non é porque se estea axilizando a incorporación de novos beneficiarios.

Un dos motivos consiste na decisión que se tomou o verán pasado de aprazar a incorporación ao sistema dos dependentes moderados ata o ano 2015. Segundo os cálculos da entidade que integra aos especialistas en servizos sociais, esta decisión deixou sen dereito á asistencia a máis de 35.000 persoas. O outro motivo explícase, sinalan, pola morte de anciáns mentres esperan que lles cheguen as axudas. Segundo os cálculos da asociación de directoras e xerentes, decenas de miles de maiores falecerían nesta triste lista de espera, “do que se deduce que os falecementos axudan ao control do déficit do Estado e marcan o ritmo de desmantelamento do sistema de dependencia”.

Suma de recortes

  • Supresión do nivel acordado. Unha das dúas partidas con que o Goberno financiaba a lei. Ascendía a 283 millóns de euros.
  • Redución das prestacións económicas. O Goberno reduciu un 15% a contía das prestacións por coidados na contorna familiar.
  • Copago. Acordouse incrementar as achegas ás prestacións a percibir. Existe de prazo ata este mes de xullo para aplicar a medida.
  • Sen Seguridade Social. O Executivo deixou de cotizar polos coidadores familiares desde xaneiro deste ano.
  • Aprazados ata 2015 os moderados. Os dependentes menos graves foron excluídos do sistema ata o ano 2015.

 

Axudas á dependencia

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s