“Son un exemplo do importante que é a sanidade pública”

A actriz Silvia Abascal.

A actriz Silvia Abascal.

Entrevista a Silvia Abascal.

A actriz acaba de publicar un libro no que narra o derrame cerebral que sufriu fai dous anos.

Información extraída de El País.

A cita é na habitación do hotel no que vive estes días en Madrid. Baixou da súa casa na montaña para presentar o seu libro Todo un viaje, no que narra o derrame cerebral que sufriu fai dous anos e o proceso que segue para lograr a súa total recuperación. Silvia Abascal, de 34 anos, aínda debe salvar algúns obstáculos. Se ao principio do proceso perdeu a audición do seu oído dereito, agora sofre hiperacusia. Por iso, a charla, diante dun prato de xamón e unha coca-cola, transcorre nun espazo silencioso e en ton baixo. Iso non impide que as palabras da actriz soen enérxicas cando fala da crise e dos recortes. “Hai cousas que non se poden negociar, como a sanidade pública. Eu son un exemplo do importante que é”, proclama.

Silvia Abascal ingresou no hospital Carlos Haya de Málaga cando sufriu un derrame cerebral mentres asistía ao festival de cine da cidade. Estaba pintando os beizos xunto a Miguel Ángel Silvestre cando notou que “algo moi gordo” estaba pasando. De alí foi trasladada ao Gregorio Marañón de Madrid. A rehabilitación faina tamén nun centro público. Coa mesma esixencia coa que preparaba os seus papeis de actriz, Silvia Abascal traballa na súa recuperación. Está feliz xa que, por fin, pode ir ao teatro. “Intenteino varias veces, pero os ruídos volvíanme tola”. Protexidos os seus oídos cuns tapóns e uns cascos, presentouse no teatro Español para ver La avería. Cando Blanca Portillo e os seus compañeiros a descubriron sentada en primeira fila, converteuse na estrela da función e da ovación final. “Din que na miña profesión cada un vai ao seu, pero eu non podo dicir o mesmo. O agarimo e o apoio que recibín é incrible”, conta.

Estes días ten o correo electrónico cheo de mensaxes que le aos poucos. “Emociónome das cousas que me din. Contestareilles amodo”. Horas antes falou con Miguel Ángel Silvestre. “Sempre está aí. Quero tanto a Migue…”.

A Silvia Abascal sempre lle gustou escribir. Ten varios curtos e algún relato de ficción, pero nunca imaxinou que algún día escribiría a súa historia. Nada máis chegar ao seu refuxio na montaña acendeu o ordenador e sentouse a revivir o sucedido en sesións de traballo que comezaban ás oito da mañá e concluían ás cinco da tarde, “Ás veces, sen parar a comer”. “Tiña claro o título e como empezar: directo e ao gran. O que non quixen foi afondar na ferida. Creo que é unha narración vital, optimista”. O libro acabouno en febreiro; enseguida, Planeta comproullo e onte púxose á venda.

Agora medita que facer co seu tempo libre. Probablemente siga escribindo. Aínda non está en condicións de facer teatro ou televisión. “Sigo tendo ofertas e algunhas apetécenme, pero non estou lista. Iso si, sei que regresarei á miña profesión”. O que máis bota de menos agora Silvia Abascal é poder ir a un concerto. “Pero un día destes intentareino”. Durante a entrevista moléstalle ata o fío musical. Tamén quere viaxar. “É o que máis me apetece agora, pero non soporto o ruído dos avións”.

Os seus compañeiros cóntanlle os seus problemas de traballo e como o IVA cultural lles está afectando. “A crise obriga a ser imaxinativo”. Silvia Abascal éo cada día desde fai dous anos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s