As persoas con discapacidade cobran entre un 10 e un 23% menos

traballadora

Segundo o Instituto Nacional Estatística (INE).

A brecha salarial de xénero é do 9,1 por cento na poboación con discapacidade fronte ao 22,9 que rexistra o conxunto dos traballadores.

Información extraída de Europa Press.

As persoas con discapacidade cobran de media entre un 10 e un 23% por cento menos que o resto dos traballadores, rexistran unha taxa de actividade que está corenta puntos por baixo da que presenta a poboación xeral e o seu índice de paro é un 3,2 por cento maior que o do resto de cidadáns.

Así se desprende da Enquisa sobre o Salario das Persoas con Discapacidade 2010 difundida este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE) e elaborada a partir da Enquisa de Estrutura Salarial e a Base Estatal de Persoas con Discapacidade.

En concreto, o salario bruto anual medio dos asalariados con discapacidade foi de 20.553,3 euros por traballador, un dez por cento menos que entre os non discapacitados, que percibiron 22.842,6 euros de media. Así pois, a ratio salarial entre os traballadores con e sen discapacidade, en termos porcentuais, foi do 90%.

Atendendo ao bruto mensual, que exclúe pagos extraordinarios, foi de 1.534,8 euros por traballador con discapacidade, tamén un 10% por baixo da media, aínda que se se toma en conta o salario neto, a diferenza acóutase ao 5,1 por cento, “fundamentalmente polas vantaxes fiscais establecidas para as persoas con discapacidade”, conforme explica o INE.

Tamén no salario por hora hai diferenza entre discapacitados e non discapacitados. Os primeiros cobraron en 2010 uns 13,1 euros en cómputo anual e en 10 euros en cómputo mensual por hora traballada, un nove por cento menos que o resto dos traballadores.

Con todo, se se ten en conta a distribución salarial, as persoas con discapacidade chegan a cobrar ata un 16,2 por cento menos nos tramos máis frecuentes (salario modal), mentres que no salario mediano -aquel para o que hai tantos traballadores con soldos máis altos como con soldos máis baixos- a brecha foi do 8,8 por cento.

As diferenzas máis notables atópanse nos centros de cotización de tamaño mediano (de 50 a 199 traballadores), onde os niveis salariais para as persoas con discapacidade chegan a ser un 23% inferiores aos do resto de traballadores.

A brecha de xénero é menor que no resto da poboación

As mulleres, do mesmo xeito que na poboación xeral, cobran menos que os homes, aínda que entre as persoas con discapacidade a diferenza é menor: un 9,1 por cento (elas cobran 19.335 euros anuais e eles 21.302) fronte ao 22,9 por cento de diferenza salarial entre xéneros do resto da poboación activa.

Este feito fai que a diferenza salarial entre mulleres con e sen discapacidade sexa menor que no caso dos homes. Mentres as mulleres discapacitadas cobran un dous por cento menos que o resto das traballadoras, os homes con algunha discapacidade perciben de media un 16,8% menos que os seus iguais non discapacitados.

Por tipo de discapacidade, as persoas con discapacidade física e con discapacidade sensorial cobran de media un tres por cento máis que o resto do colectivo. No extremo oposto, os traballadores con discapacidade intelectual e mental percibiron os salarios un 38,1 e un 17,1 por cento máis baixos que os demais.

Atendendo á intensidade da discapacidade tamén se observaron diferenzas, oscilando entre un salario anual dun 0,9 e un 18,6% menos que o das persoas sen discapacidade. En termos netos, o salario das persoas con grado de discapacidade máis severo superou ao salario medio do colectivo sen discapacidade nun 7,7%, novamente polas vantaxes fiscais.

A clave, a súa baixa participación

No entanto, o estudo conclúe que as diferenzas salariais están vinculadas ao que “en termos globais e desde o punto de vista laboral” é “o aspecto máis significativo para o colectivo das persoas con discapacidade legalmente recoñecida”: a súa baixa participación no mercado de traballo.

En 2010, a poboación con discapacidade presentou unha taxa de actividade do 36,2 por cento, “case 40 puntos inferior” á da poboación non discapacitada, a taxa de ocupación foi do 27,7 por cento, menos da metade que a do resto de traballadores, e o paro alcanzou ao 23,3 por cento do colectivo mentres no conxunto do país fixábase no 20,1%.

Menos diferenzas en niveis moi baixos e moi altos

O estudo explica que en xeral, “aínda que as diferenzas entre os niveis salariais das persoas con e sen discapacidade eran significativas no ano 2010”, estas reducíanse a medida que o nivel salarial, a idade, a antigüidade laboral e a experiencia se incrementaban, aínda que salvo excepcións, a diferenza non foi menor do nove por cento.

Así, os traballadores con discapacidade que non tiñan estudos ou tiñan a primaria, e aqueles que contaban con titulación superior cobraron máis que os seus homólogos non discapacitados coas mesmas credenciais, con ratios salariais situados no 102,4% e 104,1%, respectivamente. Xa que logo, a maior brecha salarial concentrouse nos que tiñan estudos medios.

Así mesmo, déronse menos diferenzas salariais entre persoas con e sen discapacidade nos contratos a tempo parcial e nos de duración indefinida, onde os que os primeiros cobraron un 7 e un 8,7 por cento menos, respectivamente. Tamén tendeu a equipararse o salario nos postos altos (directores, xerentes etc.) e nos postos de nivel medio as persoas con discapacidade chegaron a superar nun 2,8% o salario bruto do resto de traballadores.

A enquisa revela ademais que o soldo das persoas con discapacidade aumenta a medida que se incrementa o tamaño do centro de cotización e indica que non hai “grandes diferenzas” por actividade económica, aínda que o salario resultou superior na Industria e a Construción que no sector Servizos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s