Profesionais de FEGADACE imparten un curso na FEGAS

dano cerebral

A Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS) organiza un curso sobre ‘Abordaxe sociosanitaria do Dano Cerebral Adquirido’ que vai contar, entre as súas docentes, con dúas profesionais das asociacións de FEGADACE. O curso está dirixido a profesionais do Sergas e celébrase os días 11 e 12 de xuño en Santiago.

Mónica García Cortés, logopeda de Renacer, vai ser a encargada, mañá, de falar sobre ‘Recuperación das funcións da linguaxe. A fala e a deglución’. O mércores, a psicóloga e neuropsicóloga de Sarela, Rocío García Calvo, tratará o tema da ‘Familia e dano cerebral adquirido’. Outro colaborador de FEGADACE, o psicólogo clínico Javier Sardiña, falará da ‘Recuperación das funcións psíquicas e cognitivas’ no DCA.

O resto do programa, que ten como obxectivo coñecer os aspectos específicos da recuperación de funcións físicas, psicolóxicas e cognitivas en persoas que sufriron dano cerebral, estará centrado na recuperación de funcións e na cronicidade. O programa vai ser aberto pola presentación do Plan Marco de Atención Sociosanitaria de Galicia.

Esta actividade formativa está dirixida a persoal médico, de enfermería, psicoloxía, logopedia, e a traballadoras e traballadores sociais da rede do Servizo Galego de Saúde.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s