Xornada de prevención do ictus na Coruña

anticoagulado

ADACECO, a Asociación de Dano Cerebral da Coruña, participa mañá na xornada de prevención ‘Ictus, tú eres el protagonista’.

Celébrase na Fundación NovaCaixaGalicia (Cantón Grande, 21-24 – A Coruña) desde as dez da mañá.

O programa de educación sanitaria ten como obxectivo informar e formar aos pacientes anticoagulados e aos profesionais da saúde para controlar ben os tratamentos.

Información extraída de ABC.

O programa ‘Ictus, tú eres el protagonista’ é un proxecto de educación sanitaria, cuxo obxectivo é informar e formar aos pacientes anticoagulados e aos profesionais da saúde para controlar ben os tratamentos e previr o ictus.

Esta iniciativa, na que colaboran as principais Sociedades Médicas, Enfermería, Farmacia e Grupos de Pacientes e que romove o laboratorio Boehringer Ingelheim, preséntase en diversas cidades españolas entre este mes de maio e xullo.

Trala súa presentación en Madrid, deuse a coñecer en Zaragoza, e en datas próximas farao en Sevilla, Valencia, A Coruña, Bilbao e Barcelona.

O programa parte do Informe de Situación do Paciente Anticoagulado en España (FIATE), que desvela que un de cada tres pacientes anticoagulados con fibrilación auricular non está ben controlados e teñen, xa que logo, un risco aumentado de padecer un ictus pese a estar recibindo tratamento.

En condicións normais, o sangue flúe polo sistema circulatorio sen coagularse. Existen algunhas patoloxías que, como a fibrilación auricular -a arritmia máis común entre a poboación- provocan a formación de coágulos que viaxan polo torrente sanguíneo podendo causar un accidente cerebrovascular ou ictus. A medicación anticoagulante actúa alargando o tempo que o sangue tarda en coagularse, dificultando a formación de trombos.

Estímase que en España hai máis de 250.000 pacientes anticoagulados que non están ben controlados, cun maior risco de sufrir un ictus ou efectos adversos.

O programa posto en marcha busca concienciar aos pacientes anticoagulados da necesidade de saber xestionar ben a súa enfermidade e tratamento para previr un ictus.

Para iso, lévanse a cabo probas gratuitas de control, e entrégaselles un Cartilla de Control do Paciente Anticoagulado, onde anotar as súas medicións e verificar si están nun rango óptimo de coagulación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s