FEDACE reivindicará a atención ao DCA nunha xornada polo Día do Dano Cerebral

dca

Información extraída da páxina web de FEDACE.

O próximo 26 de outubro celebrarase o Día Nacional do Dano Cerebral: unha data destinada a poñer en primeiro plano as necesidades e demandas das persoas con dano cerebral e das súas familias. Desde agosto de 2007, momento no que o Consello de Ministros aprobou que o 26 de outubro fose un día dedicado ao Dano Cerebral Adquirido a proposta de FEDACE; viñéronse realizando distintas accións para sensibilizar á sociedade respecto de a realidade do DCA.

Ademais das actividades que realizarán as asociacións do movemento asociativo do dano cerebral e o resto de entidades que traballan polo DCA, este ano FEDACE organiza unha xornada dedicada á atención ao dano cerebral, que tratará desde a etapa crítica ata a fase de integración comunitaria. A xornada levará por título ‘Autonomía persoal e DCA: de paciente a persoa con discapacidade’ e celebrarase o 21 de outubro no Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

Con esta iniciativa preténdese poñer en evidencia a necesidade dun modelo que defina recursos e medios suficientes para ofrecer atención de calidade ás persoas con DCA e ás súas familias. É o modelo de atención que desde o movemento asociativo reclamamos que sexa implantado e accesible a todas as persoas con Dano Cerebral Adquirido.

A xornada contará con tres mesas nas que participarán profesionais de distintos ámbitos sociosanitarios. En cada unha das mesas trataranse as distintas fases do proceso de atención ao dano cerebral, desde o momento da lesión ata a etapa crónica.

Moi pronto facilitaremos máis información sobre o programa e o proceso de inscripción.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s