Renacer pon á venda solidaria o libro ‘El mundo en tus pies’

El mundo en tus pies

A Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Ourense, Renacer, acaba de poñer á venda o libro El mundo en tus pies, de Antonio Madriñán. O autor, corredor “ironman” e deportista solidario, cede cinco euros de cada exemplar vendido á entidade ourensá. O prezo de venda é de 14,95 euros.

Antonio Madriñán naceu en Cudeiro (Ourense) e leva cinco anos participando en carreiras de 24 e 48 horas, as denominadas “ironman” (que significa “home de ferro”). Neste libro fala das súas experiencias deportivas e das dos seus compañeiros, describe a súa vontade de superación persoal e relata, tamén, o seu interese por vincular a experiencia deportiva coa experiencia solidaria.

O carácter solidario está moi presente, precisamente, na traxectoria deportiva de Madriñán. Adoita vincular cada un dos seus retos a unha causa; recentemente correu a favor da Fundación Meniños en Ourense. Na actualidade reside en Asturias e alí colabora con nove asociacións.

El mundo en tus pies véndese por 14,95 euros, acompañado dun marcapáxinas e dun imán de neveira. Para colaborar con Renacer mercándoo só hai que acudir á súa sede, nas instalacións de Aixiña en Ourense (Rúa da Farixa, 7, Baixo).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s