A violencia de xénero impacta o dobre sobre mulleres con discapacidade

Rocío Pérez-Puig e Pío Aguirre Zamorano.

Rocío Pérez-Puig e Pío Aguirre Zamorano.

Información extraída de Europa Press.

O maxistrado vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e representante do Foro Xustiza e Discapacidade, Pío Aguirre Zamorano, subliñou que o 5,9 por cento das mulleres con discapacidade sufriu algún tipo de maltrato, fronte ao 3 por cento do resto de mulleres, segundo datos dun informe con cifras correspondentes a 2010, o que significa que “as mulleres con discapacidade sofren o dobre de malos tratos que o resto”.

Así, durante a presentación do libro ‘Muller, discapacidade e violencia’, realizado coa colaboración de institucións e asociacións que integran o Foro, Aguirre Zamorano destacou que se deben “tomar certas medidas e facer algo” antes esta situación.

O maxistrado vocal do CGPJ explicou que o tema do libro nace ante “toda a violencia que sofre a muller en España” e lamentou que “ultimamente se estea atravesando unha mala racha”. Concretamente, criticou que “moitas veces a discapacidade aumenta a violencia cara ás mulleres”.

Pola súa banda, a maxistrada secretaria do Foro Xustiza e Discapacidade, Rocío Pérez-Puig, denunciou a falta de datos estatísticos que recollan o número de mulleres con discapacidade, física ou intelectual, que sofren algún tipo de violencia ou abusos por parte das súas parellas ou exparellas, así como por parte dos seus coidadores, das persoas da súa contorna, da súa familia e das institucións,

Así mesmo, Pérez-Puig destacou que outra das finalidades do texto é “visibilizar” o fenómeno da discapacidade e “sinalar” que é a propia sociedade a que pon barreiras á discapacidade. Ademais, indicou que se distribuirá entre todos os xuíces e institucións que forman parte do Foro co obxectivo de “sensibilizalos nesta materia”.

A maxistrada secretaria do Foro Xustiza e Discapacidade expuxo que os datos polos que se produce un maior número de casos de violencia entre este colectivo de mulleres débese “á percepción da realidade existente de que o home é superior á muller e a que as persoas con discapacidade séguense vendo distintas na sociedade”.

Ademais, o maxistrado vocal do CGPJ asegurou que unha das principais “loitas” do Foro é “estender a todos os colexios de avogados de España as quendas de oficio especializadas en discapacidade”. Tamén manifestou que tratan de “influír sobre os executivos para que lexislen sobre a discapacidade”.

Aguirre Zamorano indicou tamén que o Ministerio de Xustiza está estudando, hai un anteproxecto de lei, a adaptación da lexislación española á Convención das Persoas con Discapacidade de Nacións Unidas. “Nós tratamos de influír niso para que saia o mellor posible porque estamos nun momento clave de adaptación das leis á Convención”, expresou.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s