Servizos sociais, peor cando máis os necesitamos

DEC

Artigo asinado por Xosé Cuns e extraído do blog No Me Pidan Calma.

Permítanme darlles o pésame se teñen a mala sorte de vivir en Canarias, Madrid, Murcia ou no inferno de Valencia, ou de envexalos se o fan no País Vasco, Navarra, A Rioxa ou Castela León.

Son as comunidades peor e mellor valoradas no Índice DEC de Desenvolvemento dos Servizos Sociais, que a prestixiosa Asociación de Directores e Xerentes de Servizos Sociais presentou esta mañá. O seu comprometido presidente, José Manuel Ramírez, é un dos impulsores da Marea Laranxa, e xa o leron neste blog dicindo que “os servizos sociais son persoas, non números”.

O índice DEC (dereitos, economía, cobertura) elabórase a partir de información oficial que proporcionan as comunidades ou o Goberno e estrutúrase en tres categorías:

  • Dereitos. As leis de nova xeración que se aprobaron, é dicir, aquelas que garanten como dereito subxectivo e reclamable en tribunais unha cobertura concreta ao cidadán.
  • Economía. O gasto consolidado en servizos sociais por habitante e ano, e a súa porcentaxe en relación ao PIB de cada comunidade.
  • Cobertura (o que máis peso ten), con criterios como o número de traballadores dos centros sociais, o desenvolvemento da lei de dependencia, as rendas mínimas de inserción que reciben os cidadáns máis pobres, as prazas de residencia dispoñibles, a axuda a domicilio, acollementos familiares para menores en situación de desamparo, prazas en casas de acollida para mulleres maltratadas e centros para persoas sen fogar…

Poden consultar o informe completo (coa situación concreta da súa comunidade), un resumo operativo, un artigo de Jaime Prats sobre o mesmo e ata un vídeo de 1 minuto. Coméntolles as súas principais conclusións:

Débil desenvolvemento dos servizos sociais. A razón é o tradicional atraso nesta materia, ao ternos incorporado tardiamente ás estratexias de benestar que, nos países máis avanzados da nosa contorna, levaban décadas practicando.

Estancamento dos servizos sociais no seu conxunto e en especial dun Sistema de Atención á Dependencia en proceso de desmantelamento.

Entre 2009 e 2012 o orzamento do conxunto das Comunidades Autónomas en servizos sociais reduciuse máis de 478 millóns de euros, un 3,64%. O gasto por habitante reduciuse un 1,75% no conxunto do Estado, pasando de 280 euros a 275 euros en 2012.

Dec-2013-mapa
Extraordinaria disparidade de esforzos, cobertura e dereitos entre Comunidades Autónomas. Ou de como saltarse de forma escandalosa o artigo 9.2 da Constitución. Alucinen: en Baleares invisten en servizos sociais 76€ por habitante e ano, no Pais Vasco, 796€, un 941,8% máis!.

Teñen exemplos dabondo no informe, coméntolles algún: só un 4,2% de persoas ás que se lle recoñeceu o dereito a recibir atencións do Sistema de Atención á Dependencia están á espera de recibilas en Castela e León, e un 51,9% en Canarias!. No País Vasco hai unha praza de acollida por cada 1,28 mulleres vítimas de violencia de xénero con orde de protección. Na Comunidade Valenciana unha por cada 30,98!

O éxito no desenvolvemento dos servizos sociais non depende só do esforzo económico, senón de como se xestiona e de se se fai con criterios de descentralización e protagonismo social. Estremadura, por exemplo, dedica un 2,20% do seu PIB aos servizos sociais (o segundo máis elevado despois do País Vasco), pero os seus resultados en cobertura de prestacións ou servizos son moito máis pobres que comunidades como Castela León ou Asturias, que dedican o 1,28 e o 1,59% do seu PIB respectivamente.

Por que? As 4 comunidades con mellores resultados (Navarra, País Vasco, A Rioxa e Castela León) teñen un alto nivel de descentralización e un gran protagonismo local na xestión dos servizos sociais. E, ao contrario, as menos eficientes son as máis centralizadas.

Os servizos sociais non son determinantes do déficit das Comunidades Autónomas. Aquelas que alcanzan un maior desenvolvemento non son as que mostran un maior déficit nos seus orzamentos. A Comunidade Valenciana, a peor valorada e a segunda que menos gasta en servizos sociais, ten o déficit máis abultado de todo o Estado…

Os servizos sociais, lonxe de ser a causa do déficit público, son un potente motor de desenvolvemento e creación de emprego. Poucos sectores poden mostrar unha taxa de retorno superior ao 40%, e unha capacidade de creación de emprego de 25 empregos netos por cada millón de euros investido.

Seguen existindo extraordinarios déficit de información en materia de servizos sociais. É moi grave o abandono de funcións do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade á hora de asegurar a información homoxénea e en tempo e forma xa dispoñible nas comunidades autónomas. O ridículo en que deixan a este Ministerio e á súa ministra con este e outros informes é notorio.

Non todas as comunidades nin as políticas son iguais. Entre 2009 e 2012, sete Comunidades aumentaron o seu gasto en materia de servizos sociais, mentres que outras 10 Comunidades reducírono.

dec-CCAA-aumentan

dec-CCAA-diminúen

Galicia
Deixei para o final esta información porque ao mirar a situación en Galicia (páxina 120), levei unha sorpresa moi desagradable (páxina 120).

Segundo o informe, Galicia ocupa un irrelevante posto 13 no conxunto de comunidades autónomas e advírtenos do gravísimo deterioro que sufriu o gasto en materia de servizos sociais nos últimos anos. Con datos oficiais, Galicia é a segunda Comunidade que máis reduciu o seu orzamento en servizos sociais, un 18,65% entre 2009 e 2012; case 134 millóns de euros menos ao ano. A porcentaxe do PIB que Galicia dedica a servizos sociais tamén se reduce, pasando do 1,31% en 2009 ao 1,03% en 2012, e sitúase por baixo da media estatal, que é en 2012 o 1,21% (-0,18 puntos).

A min desconcertoume notablemente. Non teño (ou non tiña) esta impresión tan negativa da política social da Xunta de Galicia, valorando o seu esforzo e xestión en bastantes ámbitos…

Estaba equivocado? Vánnolo explicar?

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s