O risco de ictus ou infarto aumenta un 40% polas mañás

amencer

O risco de padecer un infarto, un ictus ou un episodio de morte súbita aumenta un 40 por cento durante as primeiras horas do día, concretamente entre as 06:00 e as 10:00 horas.

Información extraída de EFE Salud.

O doutor José Ramón González-Juanatey, novo presidente da Sociedade Española de Cardioloxía (SEC), explicou os factores que inflúen no organismo e que son os responsables desta subida da presión arterial que, á súa vez, aumenta o risco cardiovascular.

Entre as 06.00 e as 10:00 horas, segundo este cardiólogo, o organismo libera catecolamina, unha hormona que aumenta a presión arterial, favorece unha maior agregabilidade das plaquetas e, en consecuencia, un maior risco de que se xeren trombos, e ademais, o sistema fibrinolítico do individuo, que combate a formación de coágulos nos vasos sanguíneos, ten unha actividade máis baixa.

Todos estes factores, que coinciden co espertar, aumentan a presión arterial e o risco máximo de que se orixine unha enfermidade cardiovascular, principalmente un infarto, un ictus ou un episodio de morte súbita, segundo este especialista.

O ocaso da mañá

O doutor González-Juanatey, que dirixiu unha sesión do XLVIII Congreso das Enfermidades Cardiovasculares da SEC, que se celebra en Sevilla, alertou da importancia de controlar este pico matutino da presión arterial, especialmente no caso dos pacientes hipertensos que teñen a presión elevada, para quen se fai indispensable tomar a medicación pola mañá.

“A esas horas a morte súbita por arritmias concéntrase e hai un maior risco, polo que, especialmente para os hipertensos, é imprescindible que tomen de forma regular as súas pastillas e que sexa ata o seu primeiro xesto da mañá, tras espertar e antes de iniciar calquera actividade”.

Por iso, as persoas cunha presión arterial elevada e os cardiópatas deben de evitar practicar exercicio físico nas primeiras horas da mañá ou as últimas da tarde, nas que se volve a dar outro pico de presión arterial.

O doutor González-Juanatey tamén recordou que o ritmo circadiano do organismo funciona como un reloxo biolóxico interno e está condicionado polo ritmo vixilia-soño, polo que os traballadores nocturnos adoitan ter un ritmo cardiovascular máis elevado xa que lles resulta máis difícil ter o seu reloxo biolóxico equilibrado.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s