Os recortes sanitarios poderían poñer en risco moitas vidas

risco

Segundo alerta un estudo publicado na revista ‘British Medical Journal’.

Información extraída de Somos Pacientes.

A revista científica British Medical Journal (BMJ) publica no seu último número un artigo no que se analiza o impacto dos recortes que se están levando a cabo na sanidade pública do noso país, advertindo que “as diferentes medidas de austeridade e o conseguinte desmantelamento do Sistema Nacional de Saúde (SNS) poden poñer vidas en risco”.

En palabras da doutora Helena Legido-Quigley, da Escola de Hixiene e Medicina Tropical de Londres (Reino Unido) e co-autora do estudo, “a nosa análise é a primeira en examinar o impacto global das medidas de austeridade en España no sistema sanitario, e os resultados son dunha gran preocupación; e é que moitas das medidas adoptadas para aforrar diñeiro non teñen unha forte base de evidencia e, de non corrixirse, a situación podería empeorar co risco de que aumenten os casos de VIH e tuberculose como se viu en Grecia”.

Recortes en saúde

Baixo o título ‘Os recortes desmantelarán o sistema sanitario español?’, o artigo destaca unha redución do 13,65% -preto de 365 millóns de euros- no orzamento estatal destinado a Sanidade, así como unha baixada promedio próxima ao 10% no conxunto das partidas autonómicas destinadas á saúde.

E é que como recolle o artigo, “a crise tamén obrigou a algunhas comunidades autónomas a facer máis recortes, entre os que destaca o movemento cara á privatización de hospitais na Comunidade de Madrid, que conlevan un aumento das listas de espera e a redución dos servizos de Urxencias”.

Maior demanda asistencial

Polo que fai referencia á reforma sanitaria implantada polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade o pasado mes de abril, os investigadores destacan a expulsión do sistema sanitario dos inmigrantes “irregulares”; o aumento dos copagos para a compra de medicamentos nas oficinas de farmacia; e as novas taxas para os produtos ortoprotésicos ou o transporte sanitario non urxente.

Uns recortes que, ademais, e como recoñecen os autores do estudo, “coincidiron cun aumento da demanda asistencial, que afecta especialmente ás persoas maiores, con discapacidade, e persoas con trastornos mentais”.

Non en balde, os índices de depresión, suicidios e problemas por abuso do alcohol incrementáronse no noso país desde o inicio da crise económica e o crecemento das taxas de desemprego.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s