FEDACE celebra a súa Asemblea Xeral en Madrid

asemblea

Información extraída da páxina web de FEDACE.

O pasado sábado 15 de xuño, no Centro de Día ‘Carmen Rodríguez’ da asociación madrileña de dano cerebral APANEFA, celebrouse a Asemblea Xeral de FEDACE.

A reunión anual de representantes das asociacións de DCA aprobou a memoria anual e as contas do exercicio 2012. Tamén se analizou o Plan de Actividades 2013, que se aprobou xunto co orzamento correspondente.

Entre as actuacións programadas acordouse destacar as encamiñadas a:

  • Reforzar o posicionamiento do Dano Cerebral Adquirido como unha discapacidade específica con necesidades de atención e apoio especializado.
  • Poñer en común a carteira de servizos e compartir a experiencia de todas as asociacións de DCA, destacando o seu labor como referentes na promoción de autonomía persoal e defensa dos dereitos das persoas con DCA e familias.
  • Acentuar a cohesión do movemento asociativo do DCA en torno a FEDACE, a súa identidade propia e a súa vontade de colaboración e converxencia con outras entidades da discapacidade, colectivos e asociacións profesionais relacionados coa atención a dano cerebral nas súas diferentes etapas.

As asociacións territoriais comprometéronse a difundir e apoiar a realización dunha xornada sobre Autonomía persoal e DCA, que terá lugar o día 21 de outubro, no Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, no marco das actividades programadas con motivo do Día Nacional do DCA 2013.

Tamén se encargou á Federación a creación dun grupo de traballo con participación de directivos e profesionais das asociacións para poñer en común experiencias e propostas relacionadas coa extensión do asociacionismo, a implicacion dos socios e os profesionais na misión das asociacións e o papel e futuro da marca “movemento asociativo do DCA” organizado en torno a FEDACE para unha mellor atención e defensa dos dereitos das persoas con dano cerebral e familias.

A Asemblea parabenizou á asociación APANEFA polo seu labor e esforzo plasmado na recente inauguración de novo centro de atención e agradeceu a cálida acolleita nas súas magníficas instalacións.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s