Xuntanza de mulleres con discapacidade para reflexionar sobre a súa situación

xornada-acadar

Información extraída da páxina web de COGAMI.

A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) organizou, o pasado venres, 14 de xuño, un encontro provincial que reuniu a 50 mulleres con discapacidade para falar sobre temáticas actuais como o liderado, a situación sociosanitaria actual ou a visión dos medios de comunicación sobre a muller con discapacidade.

A presidenta de ACADAR, Mónica Álvarez San Primitivo, iniciou a xornada que levou por título ‘Espazos para a reflexión. Mulleres con capacidade’, e que contou coa presenza da Secretaria Xeral de Igualdade, Susana  López Abella, a Delegada de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego do Concello de Santiago, María Castelao, a Presidenta de Benestar Social da  Deputación de A Coruña, Zaira Rodríguez, xunto co Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga.

Financiada pola Deputación de A Coruña, esta xornada tivo como finalidade poder reflexionar sobre a situación actual que viven as mulleres con discapacidade, onde se habilitou unha mesa redonda onde mulleres empoderadas puideron contar a súa experiencia.

“É importante facer unha análise e reflexión da posición e lugar que as mulleres con discapacidade ocupamos na sociedade e como modelo social e os cambios que se están a producir afectan ao noso proceso vital. Estamos nunha situación de cambios sociais que nos están a encamiñar a unha maior desigualdade entre homes e mulleres. É moi importante visualizar a diversidade das persoas como riqueza dunha sociedade, pois faina máis humana e igualitaria”, apuntou durante o inicio do foro a Presidenta de ACADAR, Mónica Álvarez.

As Administracións públicas, local, provincial e autonómica apoian o traballo que está a realizar ACADAR, como quedou reflectido coa presenza de representantes das tres institucións. Acadar, segundo explicou a Secretaria Xeral de Igualdade, formou parte da elaboración do Sexto Plan Galego de Igualdade que ten por finalidade a atención e respecto á diversidade, sendo a diversidade un dos elementos a considerar de maneira transversal no deseño e aplicación das políticas públicas. “É preciso potenciar o empoderamento das mulleres con discapacidade para promover a participación económica e social, moitas veces dificultada introducindo dende a perspectiva de xénero medidas de apoio e medidas formativas e de información”, apuntou Susana López Abella.

As redes sociais tiveron unha ampla presenza neste foro de reflexión. ACADAR habilitou unha páxina en Facebook, ‘Mulleres con capacidade’, que permite a comunicación das mulleres, incrementar a súa participación social, visibilizar o grupo e as súas demandas: https://www.facebook.com/mulleres.con.capacidade

As mulleres que participaron no encontro procedían de distintos concellos da provincia de A Coruña, chegando 17 mulleres da comarca de Ferrolterra, 19 da comarca de Santiago, 3 da Coruña, 1 de Boiro, 1 de Vedra e 2 de Cabana de Bergantiños. Para facilitar a súa asistencia, ACADAR habilitou o transporte adaptado.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s