Sanidade quere estender a asistencia de tele-ictus a máis hospitais

chus

Favoreceu o tratamento a distancia desde o Hospital Clínico de Santiago de 27 afectados de ataques cerebrais nos hospitais de Ribeira e Salnés.

Enfermidades cerebrovasculares.

Información extraída de La Voz de Galicia.

O sistema de atención a distancia de enfermidades cerebrovasculares denominado tele-ictus mellorou a calidade asistencial dos hospitais de Ribeira e O Salnés, e estúdase amplialo a máis hospitais galegos. Así o anunciou a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, ao inaugurar un curso que especializa en ictus no Clínico de Santiago a 35 neurólogos en formación doutros tantos hospitais de España, un por centro.

O curso está coordinado polo neurólogo e director da unidade de ictus do Clínico de Santiago, Miguel Blanco. Este especialista explica que tele-ictus favoreceu ata agora o tratamento a distancia desde o Clínico de Santiago de 27 afectados de ataques cerebrais nos hospitais de Ribeira e O Salnés. O último caso atendeuse con éxito onte á noite e foi un varón que ingresou no Clínico sobre a 1.00, tras sufrir un ictus hora e media antes: tras ser trasladado ao hospital de Vilagarcía activouse o dispositivo de tele-ictus, fixéronselle probas segundo indicacións dos especialistas do Clínico, e xa se lle puido aplicar o tratamento trombolítico, ao valorar que era o indicado, no hospital arousano. Despois trasladouse en ambulancia a Santiago. Así esta persoa beneficiouse antes dese tratamento, o que resulta positivo para a súa evolución e recuperación, explica o doutor Blanco. De non existir o sistema de tele-ictus atrasaríase o proceso.

O curso que se celebra no Clínico organízao a Sociedade Española de Neuroloxía e reúne como ponentes aos principais expertos de España. Hoxe interveñen José Castillo de Santiago, Eduardo Martínez Vila e Jaime Gállego, de Pamplona; Alberto Gil Peralta, de Sevilla; Francisco Rubio, Antonio Dávalos, Álvarez Sabín e Adriá Arboix, de Barcelona; e Exuperio Díez Tejedor, Carlos Jiménez Ortiz e José Egido, de Madrid.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s