Afondamos no coñecemento do DCA cunha serie de artigos divulgativos

escribir

FEGADACE estrea hoxe unha serie de artigos inéditos nos que profesionais de diferentes disciplinas fan as súas aportacións sobre o Dano Cerebral Adquirido (DCA). A Federación Galega de Dano Cerebral pretende axudar á sociedade a entender a dimensión, características e especificidades desta discapacidade, polo que chamou a especialistas en psicoloxía, educación social, neuropsicoloxía ou coaching para daren a súa versión, en clave divulgativa, de que é o DCA.

Unha vez ao mes contaremos neste blog coa presenza dunha sinatura convidada, que traerá a súa aproximación ao dano cerebral. FEGADACE pretende que se coñeza o DCA, que se debata sobre el, e que as persoas que o teñen e as súas familias se carguen de argumentos para defender as necesidades específicas de atención e rehabilitación do dano cerebral. Queremos tamén que a sociedade sexa consciente do que nos pasa, de por que nos pasa, e de que dificultades atopamos desde que o DCA irrumpe nas nosas vidas.

A primeira mostra vén da psicóloga Vanessa Vilas Riotorto e leva por título ‘Neuropsicoloxía do Dano Cerebral Adquirido: breve resumo da situación actual’. FEGADACE quere mostrar a súa gratitude ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia pola mediación para  o contacto.

One response to “Afondamos no coñecemento do DCA cunha serie de artigos divulgativos

  1. Pingback: O dano cerebral desde a educación social | FEGADACE·

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s