Dous mozos de ADACE e Alento protagonizan a nova campaña da FAD

Captura do vídeo protagonizado por Jonathan.

Captura do vídeo protagonizado por Jonathan.

‘Música dance para que tú no la bailes’ é o título da campaña que protagonizan Óscar, de ADACE, e Jonathan, de Alento.

A FAD colabora con DJs para sensibilizar contra mesturar drogas e condución.

O 46% dos controis de drogas non aleatorios realizados pola Garda Civil en 2012 deron positivo.

Información extraída de Europa Press.

Tres cancións mesturadas por tres DJs de recoñecido prestixio para persoas que apenas poden moverse protagonizan a última campaña da Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD), que se lanza este luns e que pretende sensibilizar sobre as consecuencias de poñerse ao volante despois de consumir drogas, baixo o lema ‘Música dance para que tú no la bailes’.

Durante a presentación da campaña en Madrid, dous dos tres DJ que colaboraron coa FAD, Abel Ramos, Cristian Varela e Dani Moreno, explicaron como mesturaron cancións adaptadas a tres mozos, Óscar, de ADACE, Jonathan, de Alento, e Jaime, de TRACE, que, tras sufrir unha lesión cerebral a consecuencia dun accidente de tráfico, móvense e exprésanse con moita dificultade.

“É moi duro de ver e espero que a xente, despois de ver isto, recapacite o que vai facer”, sinalou Abel Ramos, que compuxo un tema para Jonathan, postrado en cadeira de rodas logo dun accidente de tráfico que lle provocou unha grave lesión cerebral. O DJ relatou como cada noite ve mozos que “van ata arriba” nas discotecas, pensando que “son ‘Superman’, que a eles non lles vai a pasar nada”, sen ser conscientes de que “a realidade ás veces é moi dura”.

Por iso, Cristian Varela, outro dos DJs que colaborou coa FAD, insistiu en que calquera se pode divertir sen a necesidade de beber alcohol nin de tomar drogas” e asegurou que a el non lle gusta traballar para a xente que “hai que sacar con pinzas” da discoteca, porque a ese tipo de persoas nin lle importa a música “nin se decata de nada”. Varela indicou que xa de seu conducir un coche é “perigoso” e se se engade a esa mestura drogas, “é unha bomba de reloxería”.

Na campaña, dirixida a mozos e mozas de 16 a 24 anos, que se vai a distribuír en radio, redes sociais e internet, cóntase a historia do proceso de composición das tres cancións, poñendo o acento no que perderon os tres protagonistas cando decidiron subirse a un coche tras consumir algunha droga, debido ás limitacións que sofren por culpa da lesión cerebral.

5.000 lesionados ao ano

A directora de Tráfico, María Seguín, destacou que as vítimas de tráfico con lesión cerebral, aínda que non adoitan saír nas campañas de sensibilización, representan unha parte importante dos feridos en accidentes. Así, sinalou que fronte aos ao redor de 200 persoas que sofren lesións medulares ao ano por accidente de tráfico, cada ano unhas 5.000 persoas padecen unha lesión cerebral por culpa dun sinistro.

Neste sentido, o director xeral da FAD, Ignacio Calderó, agradeceu ás tres persoas que saen na campaña a súa “valentía”, xa que “non é habitual” que esta clase de vítimas de accidentes queiran poñerse diante da cámara porque a súa realidade cotiá tralo accidente é “durísima”.

En canto ao costume de consumir drogas e logo poñerse ao volante dun coche, Seguín destacou a “magnitude” deste problema en España. Concretamente, apuntou que nos controis de drogas que a Garda Civil realizou en 2012, o 46 por cento dos condutores deron positivo. Estes controis non son aleatorios, senón que se realizan a condutores nos que se aprecia indicios de que poden consumir.

Igualmente, destacou que case o 50 por cento dos falecidos en accidentes de tráfico en 2012 deu positivo en alcohol, drogas e/ou psicofármacos, segundo a última memoria do Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencia Forenses (INTCF). Seguín subliñou a vontade da DGT para combater este problema mediante controis na estrada e “reformas lexislativas”, como un cambio da Lei de Tráfico, que está previsto que vaia en breve ao Consello de Ministros, para normalizar a proba de saliva na detección de drogas nos condutores.

Un problema non só dos mozos

Así mesmo, aínda que a campaña está dirixida aos máis novos, Seguín destacou que é un problema que afecta a todos, e ata, “para sorpresa de moitos, tamén a mulleres á saída do colexio recollendo aos seus fillos e a homes nos seus percorridos laborais, de luns a venres, de oito a oito, camiño do traballo”. “Se iso é o que lle pasa a alguén cando ten 20 ou 21 anos tamén lle pasa cando ten 40, 45 ou 48 anos”, sinalou.

Pola súa banda, o delegado do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, Francisco de Asís Babín, subliñou que hai “un problema” as drogas e chamou a atención sobre a “banalización” que en ocasións se fai co consumo dalgunhas sustancias ilegais, como o cannabis.

Neste sentido, destacou que esta droga estivo presente no 50 por cento dos falecidos por accidente de tráfico que deron positivo a sustancias ilegais en 2012. “É perfectamente posible divertirse sen o consumo de drogas”, destacou.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s