A Liga Reumatolóxica organiza a súa III Gala Benéfica

Programa Liga Reumatolóxica

A Liga Reumatolóxica Galega organiza, o venres, 4 de xullo, a súa III Gala Benéfica. Será no Teatro Colón da Coruña desde as 20:00 hh. Durante o acto realizarán unha presentación da asociación, haberá un espectáculo de baile e entregarán os primeiros premios ‘Liga con nós’.

Para asistir hai que solicitar e recoller a invitación na sede da Liga, no Centro Cívico Municipal A Silva (Rúa Venela, s/n), na coruñesa zona do Ventorrillo. A reserva pódese efectuar por teléfono (981 236 586) ou por correo electrónico (info@ligagalega.org). Tamén se poden recoller nas escolas de danza que colaboran coa Gala.

O evento ábrese cunha presentación da Liga Reumatolóxica Galega, coa colaboración especial de Victoria Teijeiro e Paco Alvarellos. A continuación haberá unha exhibición de danza a cargo das escolas World Dance Center e Escola de Danza Carmen, que se pechará cunha coreografía coa intervención especial de persoas da Liga. Ao remate, entregaranse os primeiros premios ‘Liga con nós’.

A Liga Reumatolóxica Galega é unha entidade sen ánimo de lucro formada por persoas con enfermidades reumáticas, familiares e profesionais que traballa para mellorar a súa calidade de vida.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s