Presentamos o cartel do Día do Dano Cerebral de 2013

Cartel de FEDACE para o Día do Dano Cerebral 2013.

Cartel de FEDACE para o Día do Dano Cerebral 2013.

Información extraída da páxina web de FEDACE.

O 26 de outubro de 2013 destacaremos as necesidades específicas do colectivo do dano cerebral celebrando o Día do Dano Cerebral. Presentamos o cartel para esta ocasión, cuxo debuxo foi seleccionado mediante concurso, no que 15 asociacións enviaron 214 propostas dos seus usuarios para ilustralo.

A autora do debuxo é Lumi Soto, da asociación ATECE – Gipuzkoa.

Felicitamos á autora, cuxa obra permite realizar unha reflexión sobre o dano cerebral e sobre a situación que viven as persoas con DCA e os seus familiares: o illamento social, a ruptura no proceso de atención, a especifidade do dano cerebral… E, á vez, o debuxo fálanos da loita do noso movemento asociativo para solucionar estes problemas e camiñar cara á autonomía persoal das persoas con DCA e cara á súa integración na sociedade.

O Día do Dano Cerebral é unha data importante para todos os colectivos implicados na atención ao DCA, polo que invitamos a todas as entidades e persoas que o desexen a que se adhiran ás reivindicacións do 26 de outubro; informando e facendo difusión sobre actividades que se realicen ao redor do día.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s