Usuarios de ADACE e Alento na campaña ‘Música dance para que tú no la bailes’

jonathan

Óscar, usuario da Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE), e Jonathan, membro de Alento, a entidade que agrupa ás persoas con DCA de Vigo, protagonizan xunto a reputados DJ’s a última campaña da Fundación de Ayuda contra la Drogadicción (FAD). Esta iniciativa reúne aos DJ’s Cristian Varela, Abel Ramos e Dani Moreno con rapaces que padecen as secuelas de teren sufrido accidentes de tráfico, unha das principais causas do dano cerebral, especialmente na poboación máis nova.

Óscar e Jonathan quixeron participar nesta campaña a pesar de non teren sufrido accidentes de circulación motivados polo consumo de drogas, para axudar a concienciar á xente máis nova sobre as consecuencias.

O eslogan “Non bailes esta canción. Non conduzas baixo os efectos das drogas” preside a campaña, titulada ‘Música dance para que tu no la bailes’. A FAD pediu a cada un dos DJ’s participantes que creara unha canción para cada un dos mozos protagonistas desta actividade concibida para a sensibilización dos rapaces e rapazas de 16 a 24 anos.

Cristian Varela foi o encargado de reunirse con Óscar, usuario de ADACE-Lugo con dano cerebral. Óscar está en cadeira de rodas, polo que xuntos realizaron diferentes exercicios para ver de que maneira podía bailar e seguir o ritmo. Das súas posibilidades, o DJ extraeu a melodía da canción. O autor da canción dedicada a Jonathan, usuario da asociación Alento, é Abel Ramos, que sinala este “como un dos retos máis difíciles que afrontei na miña vida”.

Ademais destes, existe un terceiro vídeo protagonizado por Jaime, da catalá asociación TRACE, tamén con dano cerebral. A súa música foi composta por Dani Moreno. Os tres protagonistas comparten circunstancias e animan á xente nova a non seguir o seu exemplo, a reflexionar sobre como un accidente pode cambiar a vida dunha persoa, como sinala Jonathan, “nun abrir e pechar os ollos”.

Os vídeos están disponíbeis no canal de Youtube creado pola FAD para esta campaña: http://www.youtube.com/watch?v=e6Bg6_-GyGI (Cristian Varela e Óscar) e http://www.youtube.com/watch?v=FPgGjqF_s5g&feature=youtube_gdata_player (Abel Ramos e Jonathan). Hai máis información na páxina web da FAD: http://www.fad.es/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s