Editada unha Guía de dereitos dos consumidores con discapacidade

consumidores

Información extraída da páxina web do CERMI.

O Consello de Consumidores e Usuarios, a ONCE e a súa Fundación e o CERMI presentaron en Madrid unha guía en soporte dixital concibida para difundir e facilitar a defensa dos dereitos dos consumidores e usuarios con discapacidade.

Nesta guía, sen precedentes no noso país, repásase o marco xeral de protección dos consumidores e usuarios en España e os dispositivos e vías que teñen dispoñibles en caso de vulneración. A continuación, exponse o contexto de promoción dos dereitos e a igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade, incidindo naquelas esferas en que actúan como consumidores e usuarios, nunha posición de maior vulnerabilidade por mor das barreiras de todo tipo coas que se tropezan.

A guía enmárcase na colaboración que as tres entidades promotoras manteñen desde o ano 2010, coa que pretenden contribuír e estender unha cultura activa de defensa dos dereitos dos consumidores con discapacidade, que están expostos pola súa situación de discapacidade a máis abusos e malas prácticas na compra e adquisición de bens, produtos e servizos.

A guía pode consultarse no enlace: ‘Los derechos de los consumidores y usuarios con discapacidad’

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s