Alento busca logopeda e fisioterapeuta

Alento

A Asociación de Dano Cerebral de Vigo, Alento, fixo públicas dúas ofertas de emprego, unha de logopeda e outra como fisioterapeuta. Ademais da titulación correspondente, son requisitos indispensábeis estar empadroado/a no Concello de Vigo con anterioridade a 22/12/2012 e estar inscrito/a como demandante de emprego.

No caso do posto de traballo como fisioterapeuta, as funcións serán coordinar esa área de traballo, valorar casos, deseñar plans de intervención e facer seguimento dos mesmos. Valórase a experiencia en Dano Cerebral Adquirido, en hidroterapia e en Bobath, e dispoñer de carné de conducir. A oferta de emprego completa pode consultarse aquí: Fisioterapeuta.

Para a oferta de emprego de logopeda valórase a experiencia en Dano Cerebral Adquirido, en sistemas alternativos de comunicación, e a disposición de carné de conducir. As funcións serán coordinar a área de tratamento de logopedia, a Valoración de casos, o deseño de plans de entervención e o seu seguimento. Estas son as condicións completas: Logopeda.

Para ambas ofertas é necesario remitir o curriculum vitae antes deste venres, 5 de xullo, ao enderezo de correo electrónico direccion@alento.org indicando no asunto “Logopedia Alento” ou “Fisioterapeuta Alento”. Tamén se pode enviar por correo postal a Alento, Rúa Pedra Seixa, s/n, 36212 – Vigo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s