Constituída a Comisión de Seguimento do Pacto contra a Pobreza

Imaxe da constitución da comisión de seguimento.

Imaxe da constitución da comisión de seguimento.

Información extraída da páxina web da Coordinadora Galega de ONGD.

O pasado mércores, 26 de xuño, foi constituída a Comisión Extraparlamentaria de Seguimento do Pacto Galego contra a Pobreza. O Pacto, asinado en 2010 polas forzas políticas presentes no Parlamento e a propia Coordinadora Galega de ONGD,  recolle compromisos políticos concretos en materia de cooperación ao desenvolvemento e de loita contra as desigualdades e a inxustiza social. E precisamente un dos compromisos establecidos no documento é a creación dunha Comisión “para realizar un seguimento e avaliación de cumprimento” do mesmo.

Así pois, máis de dous anos e medio despois a Comisión de Seguimento quedou formalmente constuída onte na sala de ponencias do parlamento. As persoas que forman parte dela son: Xabier Ron, de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE); Carme Adán, do Bloque Nacionalista Galego (BNG); Javier Dorado, do Partido Popular (PPdeG); Carmen Gallego, do Partido Socialista (PSdeG) e Gema Filgueira, da Coordinadora Galega de ONGD. Nesta primeira xuntanza aprobouse o regulamento de funcionamento da Comisión, baseado fundamentalmente na toma de decisións por consenso.  E tamén se acordou enviar unha solicitude á Xunta de Galicia, en nome da Comisión, para obter datos relacionados co cumprimento dos compromisos acadados no Pacto (orzamentos, compra pública ética, coherencia de políticas…).  A información servirá para  elaborar indicadores que fagan posible o seguimento anual dos avances na consecución de cada un dos compromisos que establece o Pacto.

Para a Coordinadora, a posta en marcha deste espazo de traballo extraparlamentario que ten como eixe a loita contra a pobreza é un paso importante na posta en valor e defensa da política pública de cooperación descentralizada en Galicia. A vindeira xuntanza da Comisión será no mes de xullo, momento no que se asinarán os documentos aprobados onte.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s