Como mellorar a vida dos coidadores de persoas dependentes

coidados
Sanitas Residencial e CEAFA presentan o manual ‘El cuidado para los que cuidan’, que reúne consellos e suxestións sobre como combater o estrés, métodos para durmir ben, hábitos saudables e ideas para promover a actividade física.

Información extraída de Discapnet.

Sanitas Residencial e a Associació de Familiars de Malalts d’Alzheimer de Barcelona (AFAB), entidade membro da Confederación Española de Asociacións de Familiares de Persoas con Alzheimer e Outras Demencias –CEAFA– presentaron o manual de autoaxuda ‘El cuidado para los que cuidan’ nun acto celebrado na sé de AFA Barcelona.

‘El cuidado para los que cuidan’ recolle consellos saudables dirixidos especificamente aos coidadores de persoas dependentes. Coidar a unha persoa dependente pode ser un labor gratificante pero require de moita fortaleza mental, física e emocional. Co paso do tempo, este tipo de situacións poden chegar a prexudicar gravemente a saúde do coidador tanto a nivel físico como psicolóxico e provocar a chamada “síndrome do coidador”.

Durante a presentación, a directora de Sanitas Residencial Les Corts, Esther Beyers, destaca que “aínda que nun primeiro momento as persoas dependentes reciben toda a atención e os mellores coidados, a longo prazo é fundamental dar a mesma atención aos coidadores, porque, en definitiva, a súa saúde e calidade de vida tamén están en xogo”.

Para Concepción Pujolar, presidenta da Associació de Familiars de Malalts d’Alzheimer de Barcelona, “este libro é unha gran axuda para todas aquelas persoas que teñen ao seu cargo a unha persoa dependente, sendo ademais un referente á hora de afrontar problemas tan cotiáns como o estrés e a ansiedade”.

Deste xeito, este pequeno manual de consellos articúlase en torno a catro eixes fundamentais: como combater o estrés, métodos para durmir ben, hábitos saudables para as comidas e ideas para promover a actividade física. Tamén inclúe información, ferramentas, apoio e asesoramiento de expertos de Sanitas Residencial para axudar aos coidadores a ter máis enerxía e autoestima á hora de atender aos seus familiares e/ou amigos.

Ademais, para que o cuidador coñeza en primeira persoa cales son as súas carencias, o libro inclúe un test inicial cuxos resultados revelan a área na que a persoa debe realizar cambios na súa vida diaria e un CD con técnicas de relaxación.

‘El cuidado para los que cuidan’ está dispoñible nas 40 residencias de maiores de Sanitas en España.

Lidiar co estrés

O estrés é unha resposta automática ás situacións de perigo. Todas as persoas poden estar afectadas polo estrés aínda que de diferentes xeitos. O certo é que o estrés ao final prexudica a saúde e en consecuencia a das persoas que coida.

O primeiro paso para lidiar co estrés é detectar que é o que fai sentir á persoa tensa. Despois, é importante poñer en práctica consellos como descansar cinco minutos cando a persoa estea nunha situación de estrés, evitar sentimentos de culpa, resentimento, desesperanza ou rabia, planificar un tempo para o propio coidador ou manter unha mente positiva sen pensar nas cousas que están fóra do control do coidador.

Hábitos saudables para as comidas

Cando unha persoa ten que coidar a unha persoa dependente é fundamental que leve unha dieta equilibrada coa que logre todos os nutrientes necesarios para que o coidador se senta menos canso e mellore o seu benestar xeral.

Para iso, é importante comer cinco porcións de froita e verdura ao día, seguir unha pauta regular das comidas, intentar beber de seis a oito vasos de auga ao día ou mesmo, se queda sen forzas, son recomendables unhas merendas azucradas.

Fomentar unha vida activa

As persoas que coidan a dependentes, por norma xeral, non adoitan ter tempo para realizar actividades físicas. Con todo, sempre é posible incluír no día a día accións coas que se motive a mobilidade e a persoa poida manterse en forma. Trátase de converter as tarefas diarias (pasar o aspirador, facer a compra, fregar, etc.) nun adestramento e así facer traballar os músculos do corpo e o corazón.

Outra forma de manterse activo pode ser realizar actividades xunto coa persoa á que se está coidando: dando paseos, unha clase adaptada na piscina ou facendo exercicios sinxelos de estiramento na casa. Tamén actividades como o ioga e o tai chi axudan a estirar as costas e aliviar a tensión mentres que o Pilates tonifica os músculos do redor da cintura que apoian a columna vertebral.

Como durmir ben

Para lograr conciliar o soño pódense realizar pequenos cambios na habitación tales como asegurarse de que o colchón sexa cómodo e/ou eliminar as distraccións como televisores e ordenadores, ao mesmo tempo que establecer unha rutina regular na que a persoa se deite sempre á mesma hora, priorizar unha sesta de vinte minutos ou realizar antes exercicios de relaxación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s