Operación de Tráfico do Verán: Comunicado de FEDACE

Na páxina web da DGT hai información sobre o estado das estradas, previsión de desprazamentos, e recomendacións para a condución segura.

Na páxina web da DGT hai información sobre o estado das estradas, previsión de desprazamentos, e recomendacións para a condución segura.

Hoxe comeza unha nova fin de semana de calor que conlevará desprazamentos pola estrada. Buscaremos lugares fresquiños, iremos á praia, ao río… Ademais, moitas persoas están xa de vacacións, movéndose para coñecer sitios novos. Desde FEGADACE esperamos que o pasedes moi ben, e que teñades en conta as recomendacións da DGT á hora de coller o coche e saír á estrada. Recollemos o comunicado de FEDACE ao respecto, publicado o pasado venres e extraído da súa páxina web:

Co fin de xuño chegan os desprazamentos masivos nas nosas estradas que nos dirixen ás desexadas vacacións de verán. Segundo datos da DGT, en 2011 faleceron 2.060 persoas en accidente de tráfico no noso país, localizándose nos meses de xullo e agosto o 21% destes falecementos. Por iso a DGT recomenda extremar as preocupacións nos desprazamentos estivais, e activa desde hoxe ás 15.00h. ata as 24 horas do luns 1 de xullo a primeira Operación de Tráfico do Verán.

As vítimas en estrada non sempre son mortais: cada ano; en torno a 6.000 persoas son dadas de alta en hospitais españois con traumatismos cranioencefálicos que teñen a súa orixe en accidentes de tráfico. Destas persoas, ata o 70% tivo discapacidade debido ao dano cerebral producido: dificultades de comunicación, problemas cognitivos, problemas físicos e, en definitiva, diferentes secuelas que impiden que a persoa sexa independente e poida desenvolver a súa vida con normalidade.

Por iso, desde FEDACE sumámonos ás recomendacións da DGT para esta Operación de Tráfico do Verán. A prevención e a prudencia son esenciais, ademais de tratar de evitar as horas con maior densidade de tráfico nas estradas e de extremar as precaucións nos desprazamentos nocturnos.

Realizar unha posta a punto do vehículo antes de saír, planificar a viaxe prevendo o estado das estradas, utilizar o cinto de seguridade, respectar as normas de circulación, gardar distancia de seguridade entre vehículos e ter especialmente en conta as dificultades que poden ocasionar o sol e a calor na nosa condución, son algunhas das medidas que nos axudarán a ter unha viaxe máis segura.

Na web da DGT pódense consultar as previsións de desprazamentos para estes días e máis recomendaciones respecto diso.

Desde FEDACE e nas 33 asociacións territoriais de familiares e persoas afectadas por Dano Cerebral Adquirido, traballamos cada día para defender os dereitos das persoas afectadas, promover a creación de recursos para a atención do dano cerebral e sensibilizar sobre esta realidade. Dentro da sensibilización é fundamental a prevención. A redución progresiva do número de accidentes nos últimos anos mostra unha tendencia positiva na que queremos perseverar para acabar con esta grave epidemia que é o dano cerebral, que afecta a 420.000 persoas no noso país.

Por iso animamos a gozar das vacacións mediante unha condución segura e poder pasar o tempo de descanso e lecer que todos merecemos coa maior das tranquilidades.

Unha vida salvada, merece ser vivida.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s