O Tribunal da UE insta a favorecer a integración laboral dos discapacitados

xuízo

Condena a Italia por non facelo.

Información extraída de Portalento.es.

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea reiterou aos estados membros que deben obrigar a todos os empregadores a adoptar medidas prácticas e eficaces a favor das persoas con discapacidade, que lles “permitan acceder a un emprego, tomar parte no mesmo, progresar profesionalmente e recibir unha formación”.

O Tribunal da UE, con sé en Luxemburgo, realizou este chamamento ao examinar as distintas medidas adoptadas por Italia para a inserción profesional das persoas con discapacidade. Os maxistrados concluíron que a lexislación italiana “non obriga a todos os empregadores a adoptar medidas eficaces e prácticas, en función das necesidades en situacións concretas, en favor de todas as persoas con discapacidade, relativas aos distintos aspectos do traballo e que lles permitan acceder a un emprego, tomar parte no mesmo, progresar profesionalmente e recibir unha formación”.

O tribunal basea a súa sentenza na Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, cuxo propósito é “promover, protexer e asegurar o goce pleno e en condicións de igualdade de todos os dereitos humanos e liberdades fundamentais por todas as persoas con discapacidade, e promover o respecto da súa dignidade inherente”.

A sentenza feita pública hoxe subliña que a Directiva Europea sobre a igualdade de trato no emprego ten como idea “que a discriminación por motivos de discapacidad pode comprometer a realización dos obxectivos do Tratado, en particular o elevado nivel de emprego e de protección social, a elevación da calidade de vida, a cohesión económica e social, a solidariedade e a libre circulación das persoas”. Para garantir a igualdade, a directica obriga ao empleador “a adoptar as medidas adecuadas en función das necesidades dunha situación concreta, para permitir a devanditas persoas acceder a un emprego”.

O Tribunal de Xustiza da UE subliña que dita obrigación concierne a “a totalidade dos empleadores”. “Non basta que os Estados membros adopten medidas de incentivo e de axuda, senón que lles incumbe obrigar a todos os empleadores a adoptar medidas eficaces e prácticas, en función das necesidades en situacións concretas”, indica a sentenza.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s