Emprego con Apoio: apoiar e motivar ás persoas con DCA

También somos capaces

Neste artigo, Vanesa Mariño (traballadora social e directora de ADACE) narra a súa experiencia en orientación laboral a persoas con dano cerebral. Varias persoas usuarias de ADACE Lugo pediron ser asesoradas na busca de emprego, e este é o relato de como fixeron. O texto foi publicado no boletín de FEDACE.

Desde a asociación ADACE Lugo iniciamos accións relacionadas coa procura de Emprego con Apoio para algúns dos seus usuarios.

Estas accións realizáronse en función das demandas dos usuarios, que expresaban o seu desexo por traballar, e da detección por parte do equipo de profesionais das súas necesidades de apoio. Este programa de emprego con non está formalizado como proxecto da asociación, pero estase desenvolvendo a baixa escala con estes usuarios para os que se inclúen obxectivos relacionados coa procura de traballo no seu Programa Individual de Atención (PIA).

Comezamos con catro usuarios, dúas mozas e dous mozos de idades comprendidas entre os 27 e 35 anos. Respondían a un perfil que reunía os requisitos necesarios para lograr unha reincorporación laboral, dentro das súas capacidades individuais.

Desde a área de traballo social marcouse dentro do Plan Individual de Atención a derivación dos usuarios ao Servizo Público de Emprego, onde terían que anotarse como demandantes de emprego. En sesións individuais coa traballadora social, explicáronselles os motivos polos que era importante este paso para lograr unha futura incorporación laboral.

Unha vez estaban inscritos como demandantes, xurdía ‘O primeiro problema’: “En que entidade de inserción laboral me apunto?”. Os servizos de orientación laboral das entidades (FEAPS, COGAMI, FEAFES, Down…) están dirixidos a uns usuarios en particular, e a realidade é que as persoas con DCA necesitan intervencións especificas. Aquí xurdían problemas como “é que a miña orientadora non me entende,…”, “… chámame, non me di que o anote e dime que non teño interese”, “a realidade é que non me acordo a que hora tiña que ir á entrevista”…

Ante estas situacións, desde ADACE Lugo decidimos realizar determinadas accións co fin de apoiar aos usuarios e orientalos durante o proceso de procura de emprego:

Entidades de Inserción Laboral e outras administracións

Contacto cos orientadores das entidades ás que pertencían os seus usuarios, sobre todo COGAMI e FEAPS. Informalos das capacidades individuais de cada un deles, das súas limitacións e indicacións de como traballar con eles, entendendo en todo momento os seus déficits.

Contacto co Servizo de Orientación Laboral do Concello de Lugo para a inclusión en Programas de Emprego e información sobre o DCA e as limitacións individuais dos usuarios derivados.

Usuarios

Sesións individualizadas co traballador social e a psicóloga, onde se traballaba desde como realizar un currículo ata como afrontar unha entrevista laboral e, sobre todo, apoio emocional e fomento da autoestima ante situacións novas e estresantes.

Acompañamento a entrevistas de traballo e a entrevistas cos orientadores laborais.

Empresarios

Contacto coa Asociación de Empresarios de Lugo e a Cámara de Comercio, coa fin de informar sobre o DCA no caso de futuras incorporaciones laborais, apoio continuado a estes durante a duración do contrato, todas as xestións relacionadas co DCA e co usuario en específico que necesitasen.

Polo momento non se conseguiu a incorporación a un posto de traballo de ningún dos nosos usuarios. A realidade é que os profesionais habemos ter que dar resposta a situacións de estrés e frustración, expresadas con sentimentos negativos de non ser capaz, de non sentirse entendido, de falta de iniciativa, de non ser capaz de xestionar todas as entrevistas ou ata de dicir non sirvo para nada.

Motivar e incentivar aos usuarios para superar estas barreiras e para que sigan loitando buscando emprego, resultou ser o maior logro desta iniciativa. Grazas ao apoio que reciben, as persoas con dano cerebral lograron autonomía na procura de emprego e gañan en constancia para non abandonar o proceso, o que resulta ser unha gran satisfacción e un impulso para seguir realizando este traballo con eles.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s