A Plataforma do 3º Sector cre que a saída á crise pasa por escoitar ás ONG

O Presidente da Plataforma, Luciano Poyato, nun momento da súa intervención.

O Presidente da Plataforma, Luciano Poyato, nun momento da súa intervención.

O seu presidente, Luciano Poyato, asegura que “non poden darse solucións efectivas sen contar co Terceiro Sector”.

Comunicado extraído da páxina web da Plataforma do Terceiro Sector.

O presidente da Plataforma do Terceiro Sector, Luciano Poyato, afirmou este xoves durante a presentación oficial do Plan de Apoio ás Entidades de Acción de Social que o camiño cara á recuperación económica do país pasa por escoitar ás ONG.

O acto, celebrado no Palacio da Moncloa, contou coa presenza do presidente do Goberno, Mariano Rajoy; da ministra de Sanidade Servizos, Sociais e Igualdade, Ana Mato, e do secretario de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, Juan Manuel Moreno, entre outras personalidades e representantes do Terceiro Sector.

Durante a súa intervención, Luciano Poyato asegurou que “non poden darse solucións efectivas sen contar coa voz do Terceiro Sector” e pediu que se poñan en marcha “medidas urxentes” que dean resposta ás dificultades polas que atravesan as persoas en situación de vulnerabilidade.

Poyato sinalou que o Goberno é “moi consciente e sensible” ao deterioro que a crise está producindo ás entidades sociais e a todas as persoas en risco de exclusión, polo que apostou por “detectar as causas das desigualdades e formular propostas que contribúan a crear unha sociedade máis xusta e inclusiva”.

O presidente da Plataforma do Terceiro Sector agradeceu a posibilidade de compartir este acto xunto a Mariano Rajoy, xa que, segundo dixo, supón unha oportunidade para que o presidente do Goberno “estea coa sociedade civil e coñeza de primeira man as inquietudes e preocupacións do Terceiro Sector en España”.

Así mesmo, afirmou que este encontro co presidente do Goberno vén reforzar a importancia de manter un “diálogo permanente” coa Administración para participar activamente en todas as políticas públicas e cuestións que afecten aos colectivos en desvantaxe e en risco de exclusión.

Neste sentido, Poyato destacou o papel fundamental que representa a este respecto a Comisión para o Diálogo Civil, adscrita ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, que recoñece á Plataforma do Terceiro Sector como interlocutor válido e permanente da sociedade civil para suscitar as súas necesidades ao Goberno en relación ás políticas públicas en materia social que son da súa competencia.

Así, Luciano Poyato, como presidente da Plataforma do Terceiro Sector, mostrouse disposto a manter unha estreita colaboración co Goberno e coas distintas administracións e ministerios para seguir avanzando no diálogo e na mellora da sustentabilidade de todas as organizacións que integran este sector.

Pola súa banda, Mariano Rajoy referiuse ás palabras de Luciano Poyato e insistiu na necesidade de que todo o Goberno no seu conxunto se implique e que o seu labor estea dirixido a mellorar o benestar e a calidade de vida de todas as persoas. “O Estado ten que axudar a todas as persoas que se atopan en situación de dificultade”, engadiu.

Así mesmo, o presidente do Goberno indicou que as entidades de acción social desenvolven unha función social indispensable, xa que “as administracións non poden chegar a todas partes”. Por este motivo, sinalou que o principal reto do Executivo é a aplicación de políticas económicas que incentiven a creación de emprego e mellorar así os recursos das administracións.

O Terceiro Sector en España representa na actualidade a case 9 millóns de persoas en situación de vulnerabilidade e está integrado por máis de 30.000 organizacións nas que traballan ao redor de 500.000 persoas remuneradas, o que representa o 2,5% do emprego nacional.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s