Fundación CERMI Mulleres para loitar pola igualdade de xénero

discapacidade

Nos próximos meses, para promover a plena inclusión das mulleres con discapacidade.

Información extraída de Somos Pacientes.

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), membro de Somos Pacientes, anunciou a constitución, nos próximos meses, dunha fundación de ámbito estatal baixo a denominación CERMI Mulleres e a través da cal se despregarán todas as estratexias, programas e accións da plataforma representativa a favor da igualdade de xénero no movemento social da discapacidade.

Como explica o CERMI, “dado que a igualdade de xénero e a loita contra a discriminación das mulleres e nenas con discapacidade é un dos obxectivos primordiais do Comité, a Fundación CERMI Mulleres nacerá como estrutura operativa xeradora de cambio e innovación sociais ao servizo da plena inclusión e o empoderamento das mulleres, tanto no plano persoal como no das organizacións da discapacidade”.

Referente internacional

A futura Fundación CERMI Mulleres vaise autosustentar por medio dos recursos que a propia entidade xere, e actuando nos ámbitos tanto europeo como mundial aspirará a converterse en punto focal líder en materia de políticas e estratexias de xénero e discapacidade.

O marco de referencia da nova Fundación virá constituído pola Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, así como polo 2º Manifesto sobre os Dereitos das Mulleres e as Nenas con Discapacidade da Unión Europea.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s