Pequena guía da Galicia accesíbel

Unha das principais reivindicacións do asociacionismo en torno á discapacidade é a accesibilidade. Esta non se limita ás barreiras arquitectónicas, aínda que a súa supresión mellora substancialmente as nosas vidas.

Os recursos con accesibilidade garantida son limitados e complicados de atopar. Agora que moitas persoas están de vacacións, e moitas outras van estar en breve, deixámosvos unha pequena guía de recursos turísticos accesíbeis en Galicia. Unha mágoa que a páxina oficial de turismo, Turgalicia, non conte no seu buscador coa posibilidade de discriminar por accesibilidade, pero aquí van outros recursos que si se adaptan ás nosas necesidades:

Lugo accesible (http://www.lugoaccesible.net/index.php?lang=gl): Guía elaborada por Auxilia Lugo en colaboración co Concello. A páxina conta con listas de locais públicos, información sobre transporte, etc. O peor: a muralla segue sen estar adaptada!

Guía Coruña Accesible (http://www.corunaaccesible.com/): Asinada porlo Grupo de Persoas con Discapacidade de A Coruña (GRUMICO). Similar á anterior, conta con listas de praias, aseos, bares, hoteis e restaurantes adaptados, ademais de información sobre transporte e aloxamento na cidade da Coruña.

Guía de A Coruña para Personas con Discapacidad (http://www.pelig.es/images/PDF/guiaLC.pdf): Editada polo Concello da Coruña, está disponíbel en internet en formato pdf a través da páxina Puedo Viajar. Ten información sobre todo tipo de servizos municipais e lecer, propón roteiros e paseos accesíbeis, e mesmo inclúe unha pequena guía de entidades da discapacidade.

Pontevedra Monumental Accesible (http://www.visit-pontevedra.com/esp/25/232/pontevedra+monumental+accesible.html): Esta páxina é un apartado da web de turismo do Concello, e inclúe un folleto en pdf con rutas adaptadas e un mapa de referencia.

Ocio Adaptado. Ourense (http://www.ocioadaptado.com/galicia/orense/dirInteres.html): Pequena guía de recursos da cidade destinados ás persoas con discapacidade: asistencia persoal, vehículos adaptados, etc.

Rías Baixas. Turismo para tod@s (http://www.riasbaixas.depo.es/web2009/adjuntos/cEnlacesDescargas/575_1_turismo.pdf): Guía editada pola Deputación de Pontevedra cunha ampla información sobre praias adaptadas, ademais do acceso á cultura, actividades de lecer, aloxamentos e restauración, etc.

O Salnés (http://signo-geo.com/web/?p=555): Folletos, fichas e audioguías de tres roteiros accesíbeis na comarca do Salnés.

Xacobeo Accesible (http://accesible.xacobeo.es/): Curiosa e interesante guía sobre as etapas adaptadas do Camiño Francés, elaborada polo Xacobeo.

Guías PREDIF (http://www.predifgalicia.org/galego/actualidad/ver/id_categoria=0x8C3F0F3A893411DB891ABF3B17C91422): A Plataforma Representativa Estatal de Discapacitados traballa no ámbito do lecer e do turismo accesíbel, e conta con de guías de restaurantes, casas rurais e hoteis adaptados. Ademais, na páxina web dispoñen dun buscador de recursos accesíbeis.

Guía Alojamientos Accesibles (http://www.turgalicia.es/docs/mdaw/mte5/~edisp/turga119626.pdf?langId=es_ES). Elaborada por PREDIF para Turgalicia, conta con ampla e detallada información sobre aloxamentos accesíbeis en toda a comunidade autónoma, clasificados por provicias explicitando o tipo e nivel de accesibilidade.

Por suposto, esta guía é limitada… Quen coñeza outros recurso pode mandárnolos ao correo electrónico ou introducilos directamente neste post a través de comentarios. Que os gocedes!

Advertisements

One response to “Pequena guía da Galicia accesíbel

  1. Pingback: Pequena Guía da Galicia Accesíbel II | FEGADACE·

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s