Unha web facilita ás persoas xordas o permiso de conducir

LSE

Por primeira vez, o Reglamento Xeral de Circulación está dispoñible para as persoas xordas en lingua de signos española (LSE), grazas á colaboración entre a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) e a Fundación CNSE (Confederación Estatal de Persoas Xordas).

Información extraída de Socialia.

A través da web www.fundacioncnse.org/dgt, os aspirantes xordos a condutores poderán acceder a todos os contidos do manual de condución na súa lingua natural: a lingua de signos. Unha iniciativa que dá resposta a unha demanda histórica por parte das persoas xordas, xa que permitirá a este colectivo consultar o Reglamento Xeral de Circulación sen barreiras de comunicación.

A web -ademais de ter un carácter divulgativo- está orientada a facilitar ás persoas xordas o acceso ao temario requirido para poder obter o carné de conducir, servindo de complemento aos ensinos que imparten as escolas de condutores. Está estructurada en tres grandes bloques: ‘Normas de circulación’, ‘Sinais de circulación’ e ‘Seguridade viaria’, e incorpora cun completo glosario de termos específicos de tráfico.

En cada un destes apartados, as persoas xordas atoparán os contidos do Reglamento Xeral de Circulación en lingua de signos española, con textos en castelán, así como esquemas e ilustracións que faciliten a comprensión do mesmo. Ademais, a web inclúe vídeos en lingua de signos española para preparar a proba de recuperación de puntos do carné de conducir.

Esta iniciativa, que marca un punto de inflexión na accesibilidade universal e na igualdade de oportunidades das persoas xordas, é froito do compromiso e da sensibilidade da DGT con este colectivo, así como do intenso labor de reivindicación que a CNSE e a súa rede asociativa levan a cabo para garantir o dereito á información das persoas xordas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s