Nova campaña de verán da DGT: ‘Viaxar é vivir’

dgt

Pretende concienciar á cidadanía mediante «mensaxes e imaxes emotivas» para unha condución responsable.

Información extraída de ABC.

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) presentou a súa nova campaña estival co eslogan «O verán está cheo de vida e de vidas», que se difundirá a partir do 29 de xullo nas canles tradicionais e desde a semana pasada nas redes sociais.

A campaña pretende concienciar aos cidadáns mediante «mensaxes e imaxes emotivas» da importancia dunha condución responsable, informou a DGT nun comunicado.

Unha mensaxe sinxela e de fácil recordo estará presente en todas as pezas (spots, cuñas e anuncios de prensa) que forman parte desta campaña enmarcada no eslogan: «O verán está cheo de vida e de Vidas. Cruzaraste con moitas cando saias de viaxe. Respéctaas porque viaxar é vivir».

Todas as pezas da campaña televisiva inícianse con ideas positivas para despois mostrar imaxes máis duras, recreando o tipo de accidente de tráfico máis común en estradas secundarias: a saída de vía con posterior envorco. Ademais da mensaxe xenérica creáronse outros anuncios televisivos nos que se dan consellos aos peatóns, ciclistas e motoristas, que son os colectivos máis vulnerables nas vías de circulación.

Para as cuñas radiofónicas a DGT apostou por unha mensaxe directa, xa que moitos dos consellos e recomendacións que se dan son escoitados polos usuarios no momento mesmo da condución.

Como novidade, a DGT presentou varios paneis personalizados, nos que cada usuario pode escribir o seu eslogan, na rede social Facebook. Así preténdese un achegamento aos cidadáns a través de consellos e mensaxes que poderán compartir entre os seus contactos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s