Sanidade lanza unha revista online sobre discapacidade

REDIS

Chámase Revista Española de Discapacidad (REDIS).

Información extraída de Europa Press.

A Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, dependente do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, presentou a ‘Revista Española de Discapacidad’ (REDIS), unha publicación de carácter electrónico que se centrará na difusión do coñecemento científico aplicado á discapacidade, coordinada e editada polo Centro Español de Documentación sobre Discapacidade (CEDD) e promovida polo Real Patronato sobre Discapacidade e a Dirección Xeral de Políticas de Apoio á Discapacidade.

O Responsable de Redis, secretario do Consello de Redacción e director do Centro de Documentación do Real Patronato, Eduardo Díaz Velázquez, explicou que se trata dunha revista semestral que xorde coa idea de “promover e dar difusión ao coñecemento científico que se fai sobre discapacidade, crear coñecemento científico e difundilo a nivel internacional”. Ademais, apuntou que conta co apoio do divulgador Eduard Punset.

Díaz indicou que é unha publicación dirixida tanto a expertos, profesionais e investigadores así como a persoas con discapacidade, na que atoparán artigos de investigación ou de reflexión académica, así como informacións, ideas e reflexións para “entender mellor a discapacidade e saber como reivindicar os dereitos do colectivo”. Así mesmo, recordou que posúe todos os instrumentos que fan accesible a unha páxina web, con artigos en pdf maquetados de forma accesible e cun programa de lectura por voz incorporada.

O secretario de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, Juan Manuel Moreno, destacou que a Secretaría “dá un paso adiante” coa presentación desta revista online sobre discapacidade, posto que “vai abrir novos camiños nas formas de sensibilizar e transmitir coñecemento”. “As TIC, que en ocasións se presentan como un inimigo, neste caso son un gran aliado fundamental na tarefa de sensibilizar sobre obstáculos e dificultades aos que se enfrontan día a día as persoas con discapacidade”, engadiu.

Ademais, Moreno aludiu á relación entre discapacidade e violencia de xénero e subliñou que é o momento de “traballar coas novas tecnoloxías para paliar este binomio”. “Hai que sensibilizar á sociedade sobre estas dificultades, os riscos e os obstáculos aos que se enfrontan as mulleres e persoas con discapacidade e ante os que temos que estar todos alerta”, apostilou.

Finalmente, manifestou que a Secretaría, xunto ás comunidades autónomas e as administracións públicas, está traballando na elaboración da ‘Guía de Recursos de Atención á Discapacidade’ (GRADIS) que, de forma electrónica, ofrecerá información sobre todos os servizos que se prestan ás persoas con discapacidade, clasificados por territorios e segundo o tipo de atención.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s