Consellos para reducir o risco de accidentes nos condutores con cefalea

cefalea

Máis da metade dos pacientes considéraas perigosas á hora de poñerse ao volante.

Información extraída de Somos Pacientes.

Un de cada tres condutores con cefalea considera que esta enfermidade supón un risco para a seguridade viaria. De feito, a metade dos pacientes considera que as cefaleas poden chegar a ser un factor perigoso á hora de poñerse ao volante.

Así o mostra o informe ‘Cefaleas, migraña e risco para a condución de vehículos’, elaborado pola Asociación Española de Pacientes con Cefalea (AEPAC), membro de Somos Pacientes, e o Grupo de Neuroloxía da Asociación Española de Especialistas en Medicina do Traballo (AEEMT), coa colaboración co Instituto de Seguridad Vial de Fundación Mapfre.

En torno a un 15% da poboación, moi especialmente as mulleres, sofren cefaleas -sobre todo migrañas- cunha frecuencia promedio de 3 a 6 veces por mes. E as cefaleas, dado que cursan con, entre outros síntomas frecuentes, alteracións da visión, falta de mobilidade nas extremidades, dificultade para a concentración e lentitude de reflexos, poden condicionar negativamente a destreza ao volante dos pacientes.

Condución comprometida

O informe, realizado a partir das enquisas realizadas a preto de 350 pacientes, tivo por obxectivo coñecer as implicacións que, sobre a condución, teñen tanto as cefaleas como os medicamentos para o seu tratamento.

Os resultados mostran que, ante unha cefalea, preto da metade dos condutores vense abocados a buscar unha zona de descanso ou unha área de servizo na que parar ata que os síntomas diminúen. Así mesmo, ata o 20% dos condutores recoñece que tivo que chamar a un familiar ou un amigo en busca de axuda, e o 12,5% viuse obrigado a deter o seu vehículo no arcén de xeito temporal ata a desaparición dos síntomas.

Ademais, máis do 40% dos enquisados sufriu disminución da mobilidade ou falta de sensibilidade nas extremidades, e un 33% padeceu problemas de visión.

Evitar posturas forzadas

Polo que respecta á medicación, o informe propón medidas preventivas para reducir o risco, caso de evitar a automedicación ou seguir as instrucións do médico e comunicarlle calquera efecto secundario medicamentoso.

Tamén aconsella aos pacientes sentarse o máis comodamente posible e colocar adecuadamente o respaldo do sillón, a altura do asento, o repousacabezas, os retrovisores e a distancia ao volante e aos pedales. “Todas estas pautas contribuirán a evitar posturas forzadas, movementos repetitivos e sobreesforzos musculares da columna vertebral que poden desencadear ou potenciar as cefaleas”, conclúe o documento.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s