Ana Peláez ve “un retroceso moi importante” de dereitos dos discapacitados

Ana Peláez, membro do Comité de Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU.

Ana Peláez, membro do Comité de Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU.

Ana Peláez, membro do Comité de Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU, percibe “un retroceso moi importante” respecto da protección deste colectivo en España.

Información extraída de Servimedia.

Para Peláez, a crise económica “non é que sexa unha escusa, é unha realidade que se ten que abordar adecuadamente, porque se converteu agora no principal foco de exclusión” para as persoas con algún grado de discapacidade.

Durante a súa intervención nos Cursos de Verán da Complutense, Peláez explicou que o concepto de “barreiras físicas” e “sociais” parécelle “reduccionista”, xa que “hai todo un abano de ámbitos no que se dan barreiras”, como é o caso da comunicación, o acceso á información ou ás novas tecnoloxías.

No seu relatorio, titulado ‘A Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade’, Peláez fixo referencia a este mesmo acordo internacional ratificado por España.

Malia este feito, Peláez criticou que “hai algunhas iniciativas lexislativas” que supoñen “un paso atrás” no recoñecemento “pleno” dos dereitos das persoas con discapacidade.

Neste sentido, lamentou que, aínda que España conta con programas e iniciativas “vangardistas”, “hai moitas cuestións que están aínda pendentes” na aposta polo modelo de dereitos humanos da Convención.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s