Os cursos de hábitos de vida saudábel tiveron case 300 asistentes

Imaxe do curso celebrado en Vigo o 24 de abril, na sede de Alento.

Imaxe do curso celebrado en Vigo o 24 de abril, na sede de Alento.

A acción formativa foi organizada pola Federación Galega de Dano Cerebral en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar.

No marco dun proxecto europeo no que tamén participaron FEDER e o programa de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal, a través do seu proxecto ‘Envejecimiento + Activo’.

Un total de 266 persoas participaron nos vinte cursos que a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) impartiu nos meses de abril e maio baixo o título de  ‘Hábitos de vida saudábeis e prevención da dependencia no dano cerebral’. Un ciclo valorado moi positivamente por todas as persoas asistentes, todas maiores de 50 anos, e do que a Federación presenta agora os datos, unha vez elaborada a memoria do proxecto.

Esta acción formativa, desenvolvida por FEGADACE co obxectivo de estender o coñecemento social do dano cerebral e axudar a previlo, contou co apoio da Consellería de Traballo e Benestar, FEDER e o programa de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal, a través do seu proxecto ‘Envejecimiento + Activo’.

Durante o curso, e a través do DVD interactivo elaborado e editado para a ocasión, as persoas participantes recibiron instrucións sobre hábitos de vida saudábel, pautas de psicomotricidade e exercicio físico, información sobre estimulación cognitiva e participación, e recomendacións para tratar con persoas con dano cerebral. As docentes, que empregaron tamén outros materiais propios, foron moi valoradas pola “súa claridade expositiva” e porque “eran motivadoras nas súas exposicións”. Ademais das explicacións pertinentes, distribuíron o DVD entre as persoas asistentes.

As recomendacións centráronse na prevención das diferentes causas do Dano Cerebral Adquirido (DCA). Falouse de seguridade viaria e de como evitar caídas, no que se refire ao dano causado por traumatismos. En canto ao ictus, que é a principal causa do DCA, insistiuse en que hai que levar unha vida sa, seguir os controis médicos, seguir unha dieta equilibrada, evitar o tabaquismo e o alcol… Foron precisamente os contidos relacionados con hábitos de vida saudábel os máis valorados polas persoas asistentes.

Os cursos desenvolvéronse durante os meses de abril e maio en diferentes centros formativos e sanitarios das cidades da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo. A localidade con máis afluencia foi Santiago, cun total de 74 persoas. Aos cursos de Vigo acudiron 50 persoas, nos de Ourense houbo 51 participantes, en Lugo citáronse 47 e na Coruña 44 persoas. Se ben a idade mínima eran 50 anos, asistiron persoas de ata 94 anos.

Na organización deste curso, así como na aportación de docentes, colaboraron tamén as asociacións de dano cerebral federadas en FEGADACE: ADACECO na Coruña, ADACE en Lugo, Alento en Vigo, Renacer en Ourense e Sarela en Santiago.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s