Marchamos de vacacións!

Marchamos de vacacións! Despois dun duro ano de traballo, chegou o parón de agosto. A Federación Galega de Dano Cerebral volverá estar operativa ao cen por cen o día 2 de setembro. Os labores de coordinación retornan un pouco antes: poderedes contar con eles desde o 26 de xullo. A actividade das nosas asociacións tamén volve en setembro.

Mentres, para urxencias, podedes contactar connosco no teléfono de costume: 659 177 709.

Lembrámosvos que a nosa sede, CABES, continúa pechada durante todo o mes de agosto, polo que vos pregamos outra vez que atrasedes os vosos envíos postais ata setembro.

E, como non queremos que nos botedes moito de menos, deixámosvos alternativas de lecer. Para quen poida saír de excursión, a nosa Pequena guía da Galicia accesíbel, con recursos turísticos coa accesibilidade garantida para as persoas con discapacidade. Se tedes que quedar na casa, hai alternativa: a lectura. Aquí deixamos a nosa colección de artigos divulgativos sobre o dano cerebral.

Que o pasedes moi ben, e ata setembro!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s