Xornada ‘Autonomía persoal e DCA: de paciente a persoa con discapacidade’

xornada

Información extraída da páxina web de FEDACE.

A Federación Española de Dano Cerebral organiza unha xornada sobre a atención ao dano cerebral o próximo 21 de outubro. ‘Autonomía persoal e DCA: de paciente a persoa con discapacidade’ propón un espazo de análise e debate sobre a atención ao dano cerebral, desde a fase crítica ata a fase aguda e de integración comunitaria.

A través de tres mesas, compostas cada unha por tres profesionais do dano cerebral, a xornada realizará un percorrido polo itinerario de atención ao DCA. A primeira mesa centrarase na fase crítica: a importancia de iniciar o tratamento neurorehabilitador e o como inicialo, a atención en unidades de coidados intensivos e a necesidade de manter ben informada á familia para ofrecer os recursos de atención que mellor se adapten á súa situación.

Na segunda mesa destacarase a neurorehabilitación pola súa importancia para a recuperación funcional das persoas con DCA. Os ponentes falarán de como debe funcionar unha Unidade de Dano Cerebral e do modelo de atención ao DCA.

Finalmente, a terceira mesa referirase á etapa crónica e aos recursos existentes para a promoción da autonomía persoal das persoas con dano cerebral. Esta mesa incluirá aspectos como a asistencia desde a atención primaria ou as necesidades das familias, desde o punto de vista dos seus dereitos.

A xornada celebrarase no Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Ao longo de setembro publicaremos o programa e os ponentes definitivos, así como o método de inscripción. Se desexas recibir esta información por correo electrónico, habilitamos un formulario de suscripción no seguinte enlace onde enviaremos todos os datos sobre a xornada antes de facelos públicos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s