Xornada de deporte inclusivo, alternativas laborais e de lecer

ceadac

O próximo 13 de setembro celebrarase no CEADAC, en Madrid, a ‘I Xornada de Deporte Inclusivo, Alternativas Laborais e de Lecer para persoas con Dano Cerebral Adquirido’, que organizan o Club Deporte para Dano Cerebral Adquirido e o Ceadac. E colabora Fundación También, CEDI, a Federación Española de Deporte para Persoas con Parálises Cerebrais e outras Lesións Cerebrais, FEDACE, a Asociación Doce-nas, e o taller de pintura Juan Ruiz.

Esta xornada ten como obxectivo dar a coñecer e promocionar actividades de lecer e laborais que poden realizar as persoas con dano cerebral adquirido unha vez concluído o seu período de rehabilitación. Na primeira parte da xornada (09:30 – 11:10) presentaranse as institucións que participan. Tras un pequeno descanso, desde as 11:30 a 13:30 os asistentes poderán practicar as seguintes actividades físico-deportivas: ciclismo adaptado, deportes de lanzamentos, lanzamentos de atletismo, pádel, e finalizarase cunha Master Class de fitness.

Para poder participar é necesario confirmar a asistencia mediante o correo electrónico: centro.recursos@ceadac.es.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s