Galicia pecha o verán cun descenso de falecidos en accidentes

O ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz, presentou onte o balance de datos de sinistralidade deste verán.

O ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz, presentou onte o balance de datos de sinistralidade deste verán.

A sinistralidade cae en 2013 nun 25%.

Información extraída do Faro de Vigo.

As campañas da DGT, as reformas lexislativas e a maior presenza policial en estrada fornecen efecto entre os condutores. Cada vez son máis prudentes e asumen menos riscos ao volante. Así o reflicte o último balance de Tráfico. Galicia pechou 2013 co verán con menos accidentes mortais na súa rede viaria. Este ano bateron o récord as estatísticas a nivel nacional: xullo e agosto deixaron 235 falecidos nas estradas do país, o dato máis baixo da historia. Na rede viaria galega mantívose a tendencia á baixa dos últimos anos e a época estival concluíu con 15 falecidos, cinco menos o ano pasado, o que supón un 25% menos que nas vacacións de 2012.

Agosto foi o mes con máis vítimas mortais no asfalto. Na operación saída e retorno de agosto, Galicia invertiu a tendencia dos últimos anos: mentres no conxunto do país os accidentes de tráfico deixaron o mes pasado 19 vítimas mortais menos que en 2012, Galicia tivo un falecido máis. Fronte aos 10 mortos en sinistros viarios na comunidade en agosto do ano pasado, o mes pasado rexistráronse un total de 11, o que se traduce nun incremento do 10% .

Detrás deste balance están as colisións e saídas de vía ocorridas na provincia da Coruña. Mentres que en Lugo a taxa de accidentalidade mortal diminuíu un 100% e en Ourense e Pontevedra mantívose igual que o ano pasado, na Coruña disparouse un 133%.

Tamén en xullo, A Coruña foi a excepción en Galicia, xa que foi a única provincia na que aumentaron os falecidos en accidentes de tráfico -un 50% máis-. En Ourense e Pontevedra, diminuíron un 100% e en Lugo case un 67%.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s