A ONCE, Príncipe de Asturias da Concordia 2013

O xurado, no momento de informar do seu fallo.

O xurado, no momento de informar do seu fallo.

Polo seu labor de 75 anos.

Información extraída de Europa Press.

A Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) foi galardonada co Premio Príncipe de Asturias da Concordia 2013, en “atención ao seu extraordinario labor durante máis de tres cuartos de século”, segundo fixo público onte o xurado encargado da súa concesión en Oviedo. Este foi o último dos oito Premios Príncipe de Asturias que se conceden este ano, en que cumpren a súa trixésimo segunda edición.

Esta candidatura foi proposta por Ángel García, presidente de Mensajeros de la Paz; Rafael del Río, presidente de Cáritas, e Soledad Suárez, presidenta de Manos Unidas, organizacións galardonadas co Premio Príncipe de Asturias da Concordia 1994, 1999 e 2010, respectivamente; así como por Juan Manuel Suárez, presidente de Cruz Roja Española, e Consuelo Crespo, presidenta de UNICEF-España. Foi apoiada, entre outros, polos ex presidentes Felipe González e José Luís Rodríguez Zapatero e o presidente do Parlamento Europeo, Martin Schulz.

A Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) foi creada en 1938 ao unirse varias asociacións de cegos xa existentes, co obxectivo de que estas persoas puidesen vivir dun traballo e non dependesen dunha pensión. A ONCE é unha corporación cuxa prioridade é o fomento de iniciativas que melloren a calidade de vida de cegos e deficientes visuais.

Esta institución de carácter social conta co recoñecemento e a protección do Estado para a venda do cupón da ONCE, unha lotería coa que a entidade se financia e crea postos de traballo para moitos dos seus afiliados. O primeiro sorteo celebrouse o 8 de maio de 1939.

A ONCE ofrece ás máis de 71.000 persoas con cegueira ou grave deficiencia visual que viven en España un conxunto de axudas, a maioría de carácter gratuito, que van desde a rehabilitación básica e visual, as prestacións económicas asistenciais e a educación especializada, ata o acceso á cultura, o deporte e o fomento do emprego. A entidade está á cabeza da creación de emprego para discapacitados en España.

Máis de 20.000 traballadores

Con máis de 20.000 traballadores que se dedican á venda das súas loterías, a ONCE está xestionada polos seus propios membros e diversificou os seus recursos con investimentos empresariais que conxugan rendibilidade económica e social. Por iso, a partir de 1986, impulsou a súa presenza na actividade económica coa participación e xestión de empresas que xeran emprego e colaboran na integración de cegos e deficientes visuais.

En 2012, 57.168 traballadores, dos que o 57,1% (32.656) teñen algunha discapacidade, formaban parte das entidades e sociedades que conforman a ONCE e a súa Fundación. Ese mesmo ano, impartíronse cursos nos que participaron máis de 37.000 persoas.

A organización articúlase empresarialmente mediante a Fundación ONCE, creada no ano 1988 para promocionar a integración laboral das persoas con minusvalías e a accesibilidade universal para mellorar a súa calidade de vida, que representa a tres millóns e medio de discapacitados españois; o Grupo Fundosa, entidade que integra a varias sociedades propias e participadas e que se fundou un ano máis tarde, facturando na actualidade en torno a 300 millóns de euros anuais, cun persoal de case 9.000 traballadores; e a Corporación Empresarial ONCE (CEOSA), unha sociedade empresarial presente en varios sectores, fundada en 1994 co obxectivo de buscar medios de financiamento diferentes ao cupón.

A través da Fundación, que se financia co 3% das vendas brutas do cupón, xeráronse máis de 80.000 empregos e só en 2012 os seus cursos beneficiaron a 7.300 persoas e intermediou ou xerou uns 4.200 novos postos de traballo.

A ONCE tamén desenvolve un amplo labor internacional, sobre todo a través da Fundación ONCE para a Solidariedade coas Persoas Cegas de América Latina (FOAL), creada en 1998 como impulso do Fondo de Cooperación con Iberoamérica existente desde os anos 80. Así, a ONCE actúa en 19 países de América con accións nos ámbitos educativo -beneficiando a máis de 121.000 escolares cegos- e formativo e laboral, chegando nos últimos catro anos a máis de 52.000 persoas.

A ONCE é membro e impulsora da Unión Europea de Cegos, a Unión Mundial de Cegos, o Consello Internacional para a Educación de Persoas Cegas, forma parte do Foro Europeo da Discapacidade, traballa co Comité de Expertos da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade e, desde 2000, actúa a nivel europeo perseguindo o obxectivo de que as directivas comunitarias teñan en conta ás persoas discapacitadas.

Nesta edición concorrían un total de total de 37 candidaturas procedentes de Alemania, Arxentina, Bangladés, Bielorrusia, Colombia, Dinamarca, Egipto, O Salvador, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, India, Irlanda, Kazajistán, Lituania, Nicaragua, Países Baixos, Paquistán, Paraguay, Perú, Polonia, República Democrática do Congo, Reino Unido, Rumanía, Rusia, Suiza, Ucrania, Venezuela e España.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s